PROXECTOS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA COFINANCIADOS AO 80% CON FONDOS FEDER
Rematada a obra de renovación de alumbrado público das zonas da Grixa (Brens) e Sicar (FEDER-EELL-2019-000488) cofinanciados ao 80% con fondos FEDER
O concello de Cee ten en execución os seguintes proxectos cofinanciados ao 80% por fondos FEDER:
- A rehabilitación enerxética da Casa do Concello (FEDER – EELL-2020-003847).
O proxecto de rehabilitación enerxética da Casa do concello consistirá na incorporación do illamento térmico polo exterior, a substitución de tódalas fiestras e a substitución da cuberta, solventando así os problemas de entrada de auga e de humidades.
- Proxecto de aforro e eficiencia enerxética nas zonas de Cee (FP) e Fadibón (Brens) (FEDER-EELL-2019-000488) consistente no cambio de todas as luminarias a LED, a actualización dos centros de mando e a renovación do cableado.
- Proxecto de aforro e eficiencia enerxética nos lugares de Gures e Ameixenda (FEDER-EELL-2020-004105) consistente no cambio de todas as luminarias a LED, a actualización dos centros de mando e a renovación do cableado.
- Proxecto de aforro e eficiencia enerxética nos lugares de Toba de Arriba, Xallas, Cábado e Morancelle (FEDER-EELL-2020-004115), o que supón o cambio de todas as luminarias a LED, a actualización dos centros de mando e a substitución do cableado.
- Proxecto de aforro e eficiencia enerxética na Avda. Fisterra, Agra de Escabanas, A Granxa, Bazarra, Toba de Abaixo, Urbanización de Vivendas Fernando Blanco (Casas Baratas), Paseo Marítimo de Cee, Paseo Alcalde Pepe Sánchez, Rúa Estatuto de Autonomía de Galicia dende a Praza Concha Blanco ata Paseo Alcalde Pepe Sánchez, Rúa Ourense, Praza Concha Blanco, Centro Comercial, Rúa Matadoiro, Rúa Lugo, Rúa San Roque, Rúa Gueifar, zonas Hospital, Facenda, Casa de Cultura e zona da Piscina (FEDER-EELL-20199003512), o que supón o cambio de todas as luminarias a LED, a actualización dos centros de mando e a renovación do cableado.
- Proxecto de aforro e eficiencia enerxética na zona de Escabanas, Raíces, Domingo Antonio de Andrade, A Armada, Lino Rodríguez Madero e zona da Igrexa (FEDER-EELL-2019-003511), o que supón o cambio de todas as luminarias a LED, a actualización dos centros de mando e a renovación do cableado.
- Proxecto de aforro e eficiencia enerxética nos lugares de A Pontella, Berroxe, A Pallagueira, Raso e Estorde (FEDER-EELL-2020-004108) consistente no cambio de todas as luminarias a LED, a actualización dos centros de mando e a renovación do cableado
Ademáis o concello de Cee adxudicou e realizará a acta de replanteo dos seguintes proxectos este venres 19 de novembro:
- Proxecto de aforro e eficiencia enerxética nos lugares de Estorde Norte, Toba (Igrexa), O Son e Vilar de Toba (FEDER-EELL-2020-004114) consistente no cambio de todas as luminarias a LED, a actualización dos centros de mando e a renovación do cableado.
- Proxecto de aforro e eficiencia enerxética nos lugares de Tedín, Carbaliza, Sembra, Porcar, Ruibo e Duei (FEDER-EELL-2020-004116) consistente no cambio de todas as luminarias a LED, a actualización dos centros de mando e a renovación do cableado.
Atópase en proxecto de licitación o proxecto de aforro e eficiencia enerxética nos lugares de Canosa, Lires, San Xosé de Pereiriña e Raíces (FEDER-EELL-2020-004117) consistente no cambio de todas as luminarias a LED, a actualización dos centros de mando e a renovación do cableado.
Atopándose en trámites de permisos sectoriais os seguintes proxectos:
- Proxecto de aforro e eficiencia enerxética nos lugares de Lobelos de arriba, Vilanova, Codesos, Bedán, Chafarís e Cantorna (FEDER-EELL-2020-004117) consistente no cambio de todas as luminarias a LED, a actualización dos centros de mando e a renovación do cableado.
- Proxecto de aforro e eficiencia enerxética nos lugares de Bermún Igrexa, Bermún Colexio, Pereira e as Travesas (FEDER-EELL-2020-004083) consistente no cambio de todas as luminarias a LED, a actualización dos centros de mando e a renovación do cableado.
En definitiva, o concello de Cee ten entre mans 13 proxectos de eficiciencia enerxética por valor de 2,4 millóns de euros, dos cales o 80% será subvencionado polos fondos FEDER.