O Concello de Cee ven de asinar un convenio coa empresa B-Oil para a recollida de aceite de cociña usado en 12 puntos do municipio. A partires de agora, todos os veciños e veciñas que o desexen poderán contribuir á reciclaxe deste residuo que, cun só litro pode contaminar ata mil litros de auga.
É de sobra sabido que o aceite é un gran contaminante. Moito se ten falado do problema que supón o aceite industrial pero non tanto das consecuencias que ten tirar o aceite que usamos na casa.
Para empezar, cando tiramos o aceite polas tuberías estamos causando tapóns que as obstrúen e que traen malos olores e problemas de mantemento ademáis da proliferación de cucarachas y outros insectos.
Pero o problema máis grande é o da contaminación ambiental xa que estos aceites afectan ao ecosistema co consiguinte dano para fauna e flora. Dise que un só litro de ese aceite que usamos na casa para preparar a comida pode contaminar ata mil litro de auga de ríos, lagos e mares. Como consecuencia, o aceite pode filtrarse tamén na terra e provocar a pérdida de fertilidad dos solos.
O convenio
O Concello de Cee asinou un convenio coa empresa B Oil mediante o cal a veciñanza disporá de 12 contenedores de aceite doméstico usado repartidos por diversos puntos das parroquias. Este acordo non supón ningún custe para o Concello xa que a empresa saca o beneficio da reciclaxe dos residuos e a súa conversión en biodiesel.
B Oil comprométese, ademáis, ao mantemento, recollida e limpeza dos contenedores para que estén sempre en óptimas condicións. O convenio ten unha duración de 5 anos prorrogables. Esta empresa é tamén a encargada de recoller o aceite usado para en locais de hostelería e restaurantes.
¿Onde podo encontrar un contenedor?
Cee dispón actualmente de 12 contenedores, que poderán ser ampliados en número en caso de ser preciso. Podes reciclar o teu aceite en:
- Lires: zona da praza , diante de As Eiras.
- Pereiriña: ao lado da Escola.
- Xallas: praza de Xallas.
- Polígono Industrial: diante do aparcamento de Mercadona.
- Toba: Vilar de Toba
- Toba: zona da Igrexa
- Cee: rúa da Escola, diante de Eugenio López
- Cee: no lado esquerdo do Centro Comercial
- Cee: detrás do antigo cine
- Cee: Manuela Rial Mouzo
- Brens: zona da Escola
- Ameixenda: zona da Igrexa.
¿Cómo reciclo o meu aceite?
B Oil indica xa nos propios contenedores a mellor forma de reciclar o noso aceite: teremos que poñer o aceite usado en botellas de plástico e depositalas no contenedor.
De esta forma, á vez reciclamos o aceite e damos un segundo uso ás botellas de plástico contribuindo a minimizar o gasto de plástico.
Falta Estorde q tamen pagamos impostos
Boa tarde Trini,
Certamente faltan lugares por cubrir pero o convenio ten a posibilidade de aumentar o número de contenedores. Pasamos a túa queixa ás persoas responsables para que se teña constancia e se poida solucionar. Moitas grazas.