Día internacional da muller no Concello de Cee

Hoxe con motivo do Día Internacional da Muller, celebramos un almorzo ás 10:15 h. no centro social municipal, organizado pola Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego en colaboración co CIM e co Centro Social, no que participaron, ademais de todas as mulleres que se achegaron polo centro, dúas invitadas especiais que contaron as súas experiencias como únicas taxistas da Comarca: Pilar García Insua e Raquel Outes Piñeiro, que recibiron un agasallo pola súa participación.

Ademáis ás 12:00 h. houbo unha concentración e lectura do manifesto pola asociación APEM e polo Concello na Praza da Muller 8 de Marzo.

TurismoCee