Rematan Xornadas IS

Rematan as Xornadas de Inclusión Social e Laboral das persoas con diversidade funcional.

Realizada a xornada organizada pola concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego : “Inclusión Social e Laboral das persoas con diversidade funcional” celebrada o día 8 de abril na Casa da Cultura do Concello de Cee, aproveitamos para agradecer a participación dos técnic@s e usuari@s de APEM, ASPADEX, FADEMGA Plena Inclusión Galicia, COGAMI, a Avogada Ana Castro, Reporteiros en Rede e o público participante.

Inaugurou a Xornada dona Pilar Iglesias Lema, concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego, sinalando unha maior consciencia sobre a importancia da inclusión de tódalas persoas na sociedade así como as necesidades sociais e económicas que permiten esta inclusión de maneira efectiva na sociedade, a pesar de circunstancias desfavorables , coma os recortes en materia de servizos sociais. A continuación reafirmou o compromiso do Concello de Cee para implementar políticas sociais de inclusión e convidar a tódalas institucións públicas para que divulguen este tipo de foros.

Nos próximos días poderán recoller os diplomas de asistencia á xornada no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Cee.