VIII concurso de carteis contra a violencia de xénero 2016

O próximo día 25 de novembro, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Como parte da súa campaña de sensibilización contra esta lacra social, o CIM (Centro de Información á Muller) de Cee ven de presentar no BOP o seu concurso anual de carteis que formarán parte indispensable de dita campaña.

Calquera persoa maior de 14 anos (os menores de idade con autorización dos tutores) pode presentar a súa obra-cartel que pode estar feita con calquera técnica artística sempre e cando as súas medidas sexan como mínimo de 40 cm. de alto por 30cm. de ancho e teñan un soporte ríxido para evitar o deterioro. Deberán entregarse os traballos xunto cun sobre pechado no que consten o lema da obra e os datos do artista no Rexistro Xeral do Concello de Cee ou ben facelos chegar por correo ata o 11 de novembro. Podes consultar as bases legais do concurso aquí. ¡Sorte aos artistas!

TurismoCee