SERVIZO DE RECOLLIDA DE ACEITE DE COCIÑA USADO A DOMICILIO.
O concello de Cee implanta o servizo de recollida a domicilio de aceite de cociña usado. O método a seguir será moi cómodo para os usuarios, xa que será un servizo de recollida porta a porta cada catro meses.
A empresa adxudicataria do servizo comeza co reparto de bidóns no día de hoxe, comeza polos lugares de Vilanova, Codesos, Morancelle, Lobelos, ata a rotonda do Lar, continuando nos próximos días polos lugares de Bermún, Pereira, ata Lires.
A empresa encargada de xestionar o servizo é RGR Sostenible, S.L., o servizo non ten ningún custe para os veciños, autofinánciase coa recollida.
Habilítase ademais un punto de recollida de bidóns na 3ª planta da Casa de Cultura de Cee (Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”). A partir do venres 30 de decembro en horario de luns a venres de 9.30 h. a 13.30 h. e de 16.30 h. a 19.30 h.