En virtude da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Aútonoma de Galicia, a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” e Axencias de lectura de Ameixenda e Brens do Concello de Cee, permanecerán pechadas, en principio, ata o 17 de febreiro.
Debido a esta anómala situación, todos os préstamos que tiñan a data de vencemento a partir do 27 de xaneiro quedan automaticamente prorrogados ata o 18 de febreiro. No caso de que a situación se alongue, procederase a adiar novamente a data de devolución. Polo que todos aqueles usuari@s que teñen libros da Biblioteca collidos en préstamo con data de vencemento a partir do 27 de xaneiro non terán ningún tipo de penalización ao devolver as obras.