PEL-Reactiva: programa específico de apoio á hostalería e axencias de viaxe


Prazo de solicitude

Desde o 3 de maio de 2021 ás 8.00 horas ata esgotar o crédito dispoñible de 9 millóns de €.

  • Bases reguladoras
  • Contía fixa de axudas de 1.500 € por persoa beneficiaria
  • Destinadas a persoas autónomas e microempresas que:
    • Figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), Grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas)
    • Teñan o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes
    • Non resultaran beneficiarias das axudas PEL-REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña.
  • Presentación telemática a través de SUBTeL

Deixa un comentario

TurismoCee