PROCESO DE SELECCIÓN 11 PEÓNS PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS E ENTORNOS 2021
Obxecto da convocatoria.
Esta convocatoria ten por obxecto a contratación do servizo de persoal de limpeza de praias e contorna nos termos
establecidos na Convocatoria do programa de limpeza de praias marítimas dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2021 e na concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa MA100, de limpeza de praias marítimas 2021.
Modalidade e duración do contrato.
Contrato de duración determinada a tempo parcial por obra ou servizo, tipo 501, grupo cotización 10, cunha xornada
laboral de 4 horas diarias.
Duración: dous meses coa data límite do 31/10/2020.
N.º de traballadores: 11.
As vacacións e o horario, que poderá ser partido en xornada de mañá e tarde, adaptaranse ás necesidades do servizo
Presentación de instancias.
As instancias dirixiranse á Alcaldesa do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30
horas, situado na rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista nas Leis 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas e 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación das Bases no BOP, nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.
Non obstante, no caso de non presentarse a instancia no rexistro xeral do Concello, deberá anticiparse a presentación da solicitude de participación, a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…) que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de solicitudes.
Documentación
Os aspirantes ó posto deberán aportar a seguinte documentación.
a) Obrigatoriamente
Solicitude nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.
b) Voluntariamente
A presentación de documentación acreditativa dos aspectos a valorar na fase de concurso é voluntaria por parte do
aspirante. En todo caso, non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles méritos que non queden debidamente
acreditados, en todos os seus extremos, no último día do prazo de presentación da instancias.
Segundo establece o artigo 28.3 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas a documentación poderá aportarse en copia simple. En caso de que dita documentación xa obrase en poder da administración poderá solicitarse que se faga uso da mesma.
Bases Proceso de selección do persoal de Limpeza de Praias e Entornos 2021
Bases Proceso de selección do persoal de Limpeza de Praias e Entornos 2021
Prazo de presentación de instancias: 08/06/2021 ata o 22/06/2021 |
ACTUALIZADO 25/06/2021
Decreto aprobación listas definitivas de admitidos e excluidos e convocatoria proba fase oposición
Decreto aprobación listas definitivas de admitidos e excluidos e convocatoria proba fase oposición
Data de publicación do decreto no taboleiro: 25/06/2021
Convocar aos candidatos admitidos o 30/06/2021 ás 10.00 h. no Antigo Instituto Raíces (Rúa Buenaventura Castro Rial, s/n 15270 – Cee (A Coruña) para a realización da proba establecida na fase de oposición. |
ACTUALIZADO 28/06/2021
Acta de baremación da Fase de Concurso para o Servizo de Limpeza de Praias e Entornos 2021
Acta de Baremación da Fase de Concurso para o Servizo de Limpeza de Praias e Entornos 2021
Data de publicación do decreto no taboleiro: 28/06/2021
Prazo de alegacións: do 29/06/2021 ata o 12/07/2021 |
ACTUALIZADO 01/07/2021
Acta de fase de oposición, puntuacións totais e proposta de candidatos
Acta de fase de oposición, puntuacións totais e proposta de candidatos
Data de publicación do decreto no taboleiro: 01/07/2021
Prazo de alegacións: do 02/07/2021 ata o 15/07/2021 |
Sorte a