Proceso selectivo para a contratación temporal dun traballador/a social.

Aprobadas por Resolución da Alcaldía número 573/2019, de data 5 de novembro de 2019, as bases do proceso selectivo para a contratación temporal dun traballador/a social, fanse públicas aos efectos de presentación de solicitudes para participar no devandito proceso selectivo.

DESCRICIÓN OFERTA:

O contrato de traballo terá as seguintes características:
Contrato de duración determinada a tempo parcial por obra ou servizo, tipo 501 (media xornada).
Duración: 6 meses.
N.º de traballadores: 1.
As vacacións e o horario, que poderá ser partido en xornada de mañá e tarde, adaptaranse ás necesidades do servizo.

FUNCIÓNS A DESEMPEÑAR

As funcións e tarefas a desempeñar polos/as traballadores/as serán as seguintes:

  • Detección, coñecemento e valoración das necesidades sociais e recursos existentes do municipio, a través da observación, atención da demanda e a investigación.
  • Planificación e programación dos recursos e servizos necesarios para atender os problemas e necesidades detectados.
  • Avaliación de problemas e derivación para a atención dos mesmos cara os distintos servizos existentes cando así o requira o caso.
  • Promoción da toma de conciencia polas comunidades e individuos dos seus problemas, facilitándolle-la participación nas tarefas comunitarias, impulsando o asociacionismo e fomentando actitudes e conciencia solidaria.
  • Axuda a integración de individuos, familias e grupos que o precisen, favorecendo solucións de reinserción social, evitando situacións de marxinación e/ou exclusión social.
  • Información,asesoramento, orientación e intervención técnica para resolución das situacións de necesidade e conflito a nivel individual e colectivo.
  • Xestión e tramitación administrativa de recursos e prestacións

BASES CONVOCATORIA: BASES PROCESO SELECTIVO TRABALLADOR/A SOCIAL BOP
ANEXO I: ANEXO I. SOLICITUDE PARTICIPACION
ANEXO II: ANEXO II. TEMARIO

DECRETO LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS E CONVOCATORIA PROBA FASE OPOSICIÓN:
Decreto de aprobación das listas definitivas de admitidos e excluidos
Convocase aos candidatos admitidos e aos membros do tribunal o día 05/12/2019 ás 11:00 horas, no 3º andar da Casa de Cultura de Cee para a realización da proba establecida na fase de oposición.

PUNTUACIÓN FASES DE CONCURSO E OPOSICIÓN E PROPOSTA DE CANDIDATO/A SELECCIONADO/A RESERVAS.
Puntuacións finais e lista de candidatos propostos e reservas.

As alegacións poderán presentarse entre o 10/12/2019 e o 23/12/2019 no rexistro municipal ou na forma prevista nas Leis 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas e 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público.
Non obstante, no caso de non presentarse a documentación no rexistro xeral do Concello, deberá comunicarse a súa presentación a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…), que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de reclamacións.
De conformidade coa base duodécima da convocatoria: O/a aspirante proposto/a achegará dentro do prazo de cinco días hábiles, contados a partir da publicación da listaxe de aprobados os orixinais/copias compulsadas da documentación aportada ó proceso.

ACTA RESOLUCIÓN ALEGACIÓNS ÁS PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS.
Acta III Alegacións as puntuacions e listas provisionais de seleccionados e reservas

Deixa un comentario

TurismoCee