Proceso selectivo para o servizo de limpeza de praias e entornos 2020 do Concello de Cee

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA E O PROCESO DE SELECCIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 11 PEÓNS PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS E ENTORNOS 2020


Obxecto da convocatoria.

Esta convocatoria ten por obxecto a contratación do servizo de persoal de limpeza de praias e contorna nos termos
establecidos na Convocatoria do programa de limpeza de praias marítimas dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2020 e na concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa MA100, de limpeza de praias marítimas 2020.
Modalidade e duración do contrato.
Contrato de duración determinada a tempo parcial por obra ou servizo, tipo 501, grupo cotización 10, cunha xornada
laboral de 4 horas diarias.
Duración: dous meses coa data límite do 31/10/2020.
N.º de traballadores: 11.
As vacacións e o horario, que poderá ser partido en xornada de mañá e tarde, adaptaranse ás necesidades do servizo

Presentación de instancias.
As instancias dirixiranse á Alcaldesa do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30
horas, situado na rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista nas Leis 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas e 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público, no prazo de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación das Bases no BOP, nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.
Non obstante, no caso de non presentarse a instancia no rexistro xeral do Concello, deberá anticiparse a presentación da solicitude de participación, a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…) que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de solicitudes.
Documentación
Os aspirantes ó posto deberán aportar a seguinte documentación.
a) Obrigatoriamente
 Solicitude nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.
b) Voluntariamente
A presentación de documentación acreditativa dos aspectos a valorar na fase de concurso é voluntaria por parte do
aspirante. En todo caso, non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles méritos que non queden debidamente
acreditados, en todos os seus extremos, no último día do prazo de presentación da instancias.
Segundo establece o artigo 28.3 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas a documentación poderá aportarse en copia simple. En caso de que dita documentación xa obrase en poder da administración poderá solicitarse que se faga uso da mesma.

Bases Proceso de selección do persoal de Limpeza de Praias e Entornos 2020

Bases Proceso de selección do persoal de Limpeza de Praias e Entornos 2020

Plazo de presentación de instancias: 15/07/2020 hasta el 21/07/2020

ACTUALIZADO 23/07/2020

Decreto admitidos, excluidos, nomeamento tribunal e data proba PRAIAS 2020

Decreto admitidos, excluidos, nomeamento tribunal e data proba PRAIAS 2020

Convocar ós candidatos admitidos o 28/07/2020 ás 09:00 horas no Antigo IES Agra de Raíces (Rúa Buenaventura Castro Rial, s/n 15270 Cee A Coruña), para a realización da proba establecida na fase de oposición

ACTUALIZADO 28/07/2020

Acta I Fase Concurso. Proceso selección en réxime laboral temporal de 11 peóns para a limpeza de praias e entornos 2020

Acta I Fase Concurso. Proceso selección en réxime laboral temporal de 11 peóns para a limpeza de praias e entornos 2020

Acta II Fase Oposición, puntuación total. Proceso selección en réxime laboral temporal de 11 peóns para a limpeza de praias e entornos 2020

Acta II Fase Oposición, puntuación total. Proceso selección en réxime laboral temporal de 11 peóns para a limpeza de praias e entornos 2020

Prazo de alegacións: Do 29/07/2020 ao 31/07/2020 (Ambos inclusive)

Deixa un comentario

TurismoCee