Actualizado 27/06/2023: Programa de conciliación “Respira 2023”

Do 2 ao 7 de xuño (ambos inclusive) está aberto o prazo de preinscrición para o programa de conciliación “RESPIRA 2023”.

PERSOAS BENEFICIARIAS.

O programa está dirixido a nenos e nenas dende os tres anos cumpridos (que estiveran matriculados no curso 2022-2023 en primeiro curso de segundo ciclo de educación infantil) e ata os 10 anos, divididos en grupos de traballo en función da idade.

Será requisito obrigatorio que os menores estén empadroados no Concello de Cee con data anterior ao 31 de maio do 2023.

NÚMERO DE PRAZAS

O número de prazas será de 30 prazas por quincena. Existen a maiores, 2 prazas, para nenas e nenos con necesidades educativas especiais.

HORARIO

Este programa levarase a cabo de luns a venres, durante os meses de xullo e agosto, excepto festivos. O horario será de 10 a 14.00 horas.
Poderase escoller entre as seguintes frecuencias de utilización del servizo:
– Mensual
– Quincenal

CRITERIOS DE SELECCIÓN (NON EXCLUÍNTE) E ADXUDICACIÓN DE PRAZAS.

Para outorgar as prazas terase en conta os seguintes criterios en función da puntuación que se indica no seguinte recadro:

Bases da Convocatoria do Programa Municipal “Respira” para o fomento da conciliación da vida persoal e familiar. Xullo – Agosto 2023

Bases da Convocatoria do Programa de Conciliación Respira 2023

Impresos para a preinscrición no Programa Municipal “Respira” para o fomento da conciliación da vida persoal e familiar. Xullo – Agosto 2023

Anexo I. Programa Respira 2023
Anexo II. Programa Respira 2023
Anexo III. Programa Respira 2023
Anexo IV. Programa Respira 2023. Desestimento.

Actualizado 14/06/2023

Listado provisional de admitidos/excluídos campamento RESPIRA 2023

Actualizado 27/06/2023

Listado definitivo de admitidos/excluídos campamento RESPIRA 2023

Deixa un comentario

TurismoCee