PERSOAS BENEFICIARIAS.
O programa está dirixido ás crianzas empadroadas no Concello de Cee con idades comprendidas dende os 3 e os 10 anos; que estiveran matriculados en Educación Infantil ou Primaria durante o curso 2023-2024.
NÚMERO DE PRAZAS
O número de prazas será de 40 prazas por quincena. Existen a maiores, 2 prazas reservadas, para nenas e nenos con necesidades educativas especiais.
HORARIO
Este programa levarase a cabo de luns a venres, durante os meses de xullo e agosto, excepto festivos.
O horario ordinario do programa será de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, existindo un horario extraordinario de entrada entre as 08:00 e as 10:00 con 10 prazas dispoñibles.
Poderase escoller entre as seguintes quendas:
- Primeira quenda: do 1 ao 12 de xullo.
- Segunda quenda: do 15 ao 26 de xullo.
- Terceira quenda: do 29 de xullo ao 9 de agosto.
- Cuarta quenda: do 12 ao 23 de agosto.
- Quinta quenda do 26 ao 30 de agosto.
CRITERIOS DE SELECCIÓN (NON EXCLUÍNTE) E ADXUDICACIÓN DE PRAZAS.
Para outorgar as prazas terase en conta os seguintes criterios en función da puntuación que se indica no seguinte recadro:
CRITERIOS | PUNTUACIÓN |
SITUACIÓN LABORAL | |
Unidades familiares nas que ambos proxenitores/titores/acolledores teñan relación laboral en horario de mañá (e sen posibilidade de vacacións no período solicitado). No suposto de separación, divorcio ou familias monoparentais atenderase a que este requisito se cumpra respecto do proxenitor que se atope a cargo do/a menor.
Inclúese neste epígrafe a asistencia a cursos de formación impartidos dentro da formación para persoas desempregadas das distintas administración públicas; e/ou a promesa de contrato de traballo con compromiso de acreditar o contrato de traballo ao inicio do programa. |
6p |
Unidades familiares nas que un dos proxenitores/titores/acolledores teña relación laboral en horario laboral coincidinte co desenvolvemento da actividade. (Incompatible coa puntuación do apartado anterior). | 2p |
Persoas en situación de desemprego de longa duración (acreditada documentalmente). | 1p |
SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR | |
Familias monoparentais (acreditada documentalmente ou declaración ) | 1p |
Vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller (acreditada documentalmente) | 3p |
Unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados (acreditada documentalmente). | 2p |
Unidades familiares con rendas inferiores a 3 veces o IPREM (acreditada documentalmente). | 3p |
Calquera outra situación na unidade familiar que implique risco ou vulnerabilidade no ámbito familiar, social ou laboral (acreditada mediante informe emitido polos Servizos Sociais). | 2p |
Mulleres maiores de 45 anos. | 1p |
Familias numerosas (acreditada documentalmente) | 2p |
Máxima puntuación | 20 PUNTOS |
PRAZO DE SOLICITUDE
As solicitudes poderán presentarse dende o día 23 de maio ao 3 de xuño (ambos inclusive), a través do impreso específico para esta convocatoria (ANEXO I).
MAIS INFORMACIÓN
O CIM estará dispoñible para asesorar ás familias acerca de dúbidas relacionadas co programa ou coa presentación de solicitudes.
Bases Campamento Programa Respira 2024
ACTUALIZADO 07/06/2024
Publicación Acta I. Puntuacións provisionais RESPIRA 2024
Solicitud de Inscripción en Actividades de Conciliación- RESPIRA 2024
ACTUALIZADO 14/06/2024
Publicación Acta II: Listaxe definitiva e quendas RESPIRA 2024.