Este verán Cee, seguirá sendo sinónimo de Cultura.
Xoves 30 de Xullo. Praza Otero Lastres, 12.30 horas
AITOR GARUZ: O autoestopista intergaláctico
Unha porta cara outros mundos e universos……..
O Autoestopista Intergaláctico é un show de ciencia-ficción onde o artista Aitor Garuz emprega o clown e o transformismo, continuas mudanzas de vestiario e de personaxes cómicos, que dan como resultado escenas divertidas e absurdas.
Agosto
Sábado 1. Praza Otero Lastres
20.30 horas: ROCÍO LEIRA: Veleno en familia.
Finalista do I Premio de Novela Vilar Ponte (2018)
O relato da multipremiada escritora ceense é, segundo o xurado, “unha radiografía da sociedade galega actual” con “dinamismo narrativo e polifonía de voces”, que realiza “unha excelente recompilación de fraseoloxía de linguaxe popular” e que contén “unha análise da situación específica das mulleres”.
21.00 horas BLACK: Voces de muller
BLACK e un proxecto musical coruñés que reinterpreta grandes éxitos da música negra. “Voces de muller” é un espectáculo deseñado ca intencionalidade de poñer en valor o papel da muller na música a través dun coidado repertorio musical interpretado en directo.
A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces femininas e vibraremos lembrando mulleres inesquecibles como Aretha Franklin, Nina Simone, Billie Holiday ou Amy Winehouse.
Domingo 2. Praza Otero Lastres, 21.00 horas
FRIK&PALDIS: Os Piñeiros
Os Piñeiros é o nome artístico dos xemelgos Iván e Diego,que desde nenos xogaban á música xuntos. Salientar que Diego ganou o concurso Rock in Cambre nos anos 2015 e 2016 e que entre as influencias musicais que seguen están as de artistas consagrados como Rem, Europe, Bob Dylan, Creedence, Michael Jackson, Lennon, Bob Marley, Fito,etc……
Luns 3. Praza Otero Lastres, 12.30 horas
MARIA FALTRI e JORGE JUNCAL: Soñando inventei
Soñando inventei é un espectáculo musical no que a través da escolla de cancións se traballa o tema da diversidade e a igualdade de xénero. As cancións que se interpretan forman parte do libro disco “Fantasía coas palabras” publicado pola editorial Galaxia.
Martes 4. Praza Otero Lastres, 12.30 horas
BAOBAB TEATRO: Contos con Roque
Baobab Teatro é unha compañía especializada en teatro para nenos e nenas que nace no 2011 da man de Óscar Ferreira e Andrea Bayer. Unha das compañías máis premiadas polos seus espectáculos nos últimos anos chega a Cee da man de Roque. Nesta ocasión, Andrea enche a súa maleta de contos e de outros obxectos para subirse ao tren co seu amigo Roque, que está moi nervioso. Andrea intentará facerlle a viaxe máis agradable, e mentres agarda por él irá ensaiando os contos que lle vai contar.
Mércores, 5. Praza Otero Lastres, 12.30 horas
ARTURO COBAS: Nono
Benvidos ó mundo de “Nono”, este inocente clown que nos fará viaxar polo seu mundo de fantasía, un mundo no que nos intentará amosar os seus mellores trucos de malabares. E, aínda que os problemas soen aparecer en cada esquina, “Nono” sempre os acabará resolvendo con moito humor.
Xoves, 6. Praza Otero Lastres, 12.30 horas
ALDAOLADO: Po e Xía. Un Aldaolado para xente miúda.
Po e Xía é un recital no que as súas protagonistas nos contan a gran aventura que as levou a converterse en poetas. A medio camiño entre o contacontos e a lectura de poemas, este conto disparatado sobre dúas nenas moi fedellas que odian ler procura ser o primeiro achegamento á poesía para público miúdo. Feito con sentido do humor e aderezado coas cancións de Lucía Aldao parte dunha historia de María Lado para demostrar que literatura, mesmo os versos que non riman, pode ser algo moi divertido.
Venres 7. Praza Otero Lastres, 12.30 horas
MARTA ALONSO: Baila un vestido verde
Baila un vestido verde é un espectáculo de danza divertida que convida ó espectador a mergullarse no universo da Danza e o Clown que traballa a bailarina Marta Alonso. O corpo, a danza, o xesto, son os códigos que se manexan para establecer un diálogo co público.
«El vestido verde» é o punto de encontro inicial que activa o ritmo da conversa non verbal cos presentes
«Baila un vestido verde» é un espectáculo para toda a familia.
Venres 7. Praza Otero Lastres, 21:00 horas
Festival Diversidarte no Rural
Actuación do coro a capela (Entrelas)
Ricardo Prado (Danza inclusiva)
Sábado 8. Praza Otero Lastres, 21.00 horas
SUSANA MARTINEZ: Universal Love
Logo do seu primeiro disco LET’S MAKE A CHANGE, Susana oferta un repertorio no seu segundo traballo discográfico con cancións que seguen na súa liña de pop bailable misturado con soul e funk.
Temas que nos lembran ó estilo de Norah Jones, Michael Jackson…, combinados con cancións folk-pop en galego e outras de pop americano.
Ritmos bailables e tamén melódicos que se adaptan perfectamente a un formato acústico.
Domingo 9. Praza Otero Lastres, 21.00 horas
PALOMA SUANZES: Son
Adícase ó mundo do espectáculo na música Folk dende o ano 95. Grabou un disco como cantautora Folk; “Feitizo” no ano 99 realizando unha Xira de presentación en Galicia e fora de Galicia coa participación de grandes artistas do panorama.
Arranxa, compón, interpreta e disfruta de cada faceta musical que se lle presenta no camiño artístico. Bebe da música antiga, da tradición galega, da música folk (do mundo) todo isto interpretado baixo a luz das súas emocións e do que lle inspiran poemas de escritores novos pouco coñecidos e dos xa consagrados. Un concerto para emocionarse.
Luns 10. Praza Otero Lastres, 21.00 horas
PEPE VAAMONDE TRIO
Pepe Vaamonde Trío, como o seu nome indica, é o formato reducido da banda Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea musical.
O seu repertorio nútrese dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fondamente encamiñados ao baile tradicional. Son músicas, polo tanto orixinais pensadas para ser bailadas nun claro entorno foliadeiro.
PVTrío está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz.
Martes 11. Praza Otero Lastres, 21.00 horas
DÚO CAAMAÑO-AMEIXEIRAS
Caamaño&Ameixeiras, un dúo de balfolk composto por dúas das máis virtuosas músicas galegas, Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras.
Están preparando o seu disco baixo a produción de Diego Galaz (Quique González, Fetén Fetén, Mastretta…) neste 2020 no que xa estiveron en Madrid ou Burdeos, pero a crise sanitaria cancelou concertos previstos no Reino Unido, Francia, Portugal ou no Festival de Ortigueira.
Mércores 12. Auditorio da Casa de Cultura, 12.30 horas
TALIA TEATRO: Lambetadas
Esta obra ten como obxectivo fundamental a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. O traballo de creación baséase nos textos encargados ex profeso a varios autores (Santiago Cortegoso, Sechu Sende e María Canosa), que son levados a escena baseándose no universo do clown e nas técnicas do teatro de obxectos. Finalmente, os protagonistas descubrirán que a identidade está na propia lingua, porque con ela se poden saborear as lambetadas máis doces e variadas.
Mércores 12. Praza Otero Lastres, 21.00 horas
SOUL&ROLL
O dúo ourensán Soul & Roll, formado pola cantante Tamara Pérez e o guitarrista Miguel Araujo, ofrecerá un concerto co mellor do seu repertorio: temas clásicos do pop-rock español dos anos 80 e 90 —como Luz Casal, Miguel Ríos, Siniestro Total, Los Secretos, Nacha Pop ou Danza Invisible— e de artistas internacionais como Queen, Creedence Clearwater Revival, Jackson Five, Police, U2, Nirvana ou Guns and Roses. Tamara Pérez traballou durante anos como cantante de orquestras e ademáis de participar en Soul & Roll, colabora no programa Bamboleo de TVG.
Á EsCEEna!: VI Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee. Auditorio Baldomero Cores
Bonos dispoñibles:
Entrada xeral (25 € polas 6 funcións).
Entrada bonificada pensionistas, estudantes e desempregados (15 € polas 6 funcións).
Entradas individuais por espectáculo:
– Funcións dos días 17, 19 e 27: entrada xeral 5 €; bonificada 3 €
– Funcións dos días 21, 23 e 25: entrada xeral 7 €; bonificada 5 €
17 de agosto // 21:30 horas.
Prods. Teatrais Alakrán: Finisterrae, o último ultramarinos
Finisterrae: O último ultramarinos conta a historia de Berto e Mónica, veciños dunha vila da Costa da Morte con percorridos vitais moi diferentes que son como dúas caras da mesma moeda. Mónica encarna o entusiasmo de quen devece por retornar á súa terra, mentres Berto representa a apatía de quen tivo que ficar obrigado. A través do seu encontro despois de varios anos asistimos a unha estampa particular da Costa da Morte; do seu pasado e presente, pero tamén dun futuro aínda por construir.
Finisterrae: O último ultramarinos é tamén un retrato da situación que atravesan moitas pequenas vilas afastadas dos grandes núcleos, que padecen unha despoboación progresiva e que se adaptan como poden aos cambios económicos e sociais que están a redefinir a súa identidade e o seu porvir.
Autora: María Lado
Dirección e dramaturxia: Topo Vidal
Intérpretes: Borja Insua, Celtia Figueiras e Topo Vidal
Escenografía e monicreques: Borja Insua
19 agosto // 21:30 horas.
Píscore: Concerto singular
Premio do Público Festiclown 2017. Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado. Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.
Elenco: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas
Dirección: Fran Rei
21 de agosto // 21:30 horas.
Teatro do Noroeste: As virxes salvaxes
As virxes salvaxes é unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden. Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas até o final. Máis chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, é preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso. Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución. Aproveitando a entrada dunha nova interna que é levada alí pola súa filla que non pode atendela, varias internas comezan a cuestionar a institución non deixando nada en pe. A modo de metáfora da propia sociedade, as xentes de ben revélanse contra as imposicións absurdas e desmedidas. O caos que xeran pon a realidade contra as súas propias contradicións, creando situacións tremendamente divertidas. A comedia como factor de crítica ante unha realidade que cada vez se amosa máis pechada en si mesma. De algún xeito, este espectáculo é unha homenaxe, se cadra un algo irreverente, aos nosos maiores máis revoltosos.
REPARTO:
Elina Luaces (01.- Actriz no papel de Maruxa) · Luma Gómez (02.- Actriz no papel de Lourdes) · Rosa Álvarez (03.- Actriz no papel de Carmiña) · Imma António (04.- Actriz no papel de Doutora) · Ana Santos (05.- Actriz no papel de Adela) · Manuela Varela (06.- Actriz no papel de filla) · Miguel Pernas (07.- Actor no papel de Saturio) · Fernando González (08.- Actor no papel de Bernardo) · Equipo Taetro (09.- Deseño de escenografía e vestiario) · Eva Alonso (10.- Produción e deseño gráfico) · Eduardo Alonso (11.- Iluminación e dirección)
23 de agosto // 21:30 horas
Ibuprofeno Teatro: O mel non caduca
O mel non caduca é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.
Ficha artística
En escena:
Marián Bañobre
Avelino González
Texto e dirección:
Santiago Cortegoso
25 de agosto // 21:30 horas
Butaca Zero : Despois das ondas
Despois das ondasda vida a unha das artistas máis destacadas do século XX, a actriz franco-galega María Casares, precisamente no momento en que volve a España tralo seu exilo de 40 anos. María Casares volve despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor. Anena que cruzara a fronteira é agora a gran actriz da escena e do cinema francés, osímbolo da España refuxiada, e no seu recordo agroma unha Galicia perdida na brétema do pasado que nunca volverá a pisar. Despois das ondasviaxa nesanéboa onde a gran Casares se ten que perder para atopar o significado dunha vida chea de éxitos, de perdas e pantasmas.
EN ESCENA Belén Constenla, Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Roi Fernández, Beatriz de Vega e Ernesto Is.
ESPACIO ESCENICO Xavier Castiñeira e Beatriz de Vega
TALLER E CONSTRUCCIÓN: José Faro “Coti”
VESTIARIO Carlos Pinilla
ILUMINACIÓN Javier Quintana
CINEMA EN DIRECTO Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo)
DRAMATURXIA Ernesto Is
Unha produción da Deputación da Coruña e ButacaZero.
Despois das ondas é un texto de Ernesto Is, gañador do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña.
27 de agosto // 21:30 horas
Rebumbio Prods.: Cinema e música
Cinema e Música é un proxecto de Olga Brañas, ao que se uniu a fantástica violoncellista Susanna Blanco, nado a raíz dos encargos da Asociación Cultural A Bela Auria. No espectáculo proxéctase unha película clásica de cinema mudo e musicalízase en directo. Ás veces fanse efectos como explotar globos, tocar unha harmónica, axitar cascabeis, dar golpes, tocar o bodhram, etc. É un espectáculo que gusta a toda a familia!
Tempos Modernos, de Charles Chaplin (1936).
Susanna Blanco (violoncello) e Olga Brañas (piano).
Descarga tríptico programación cultural. Agosto 2020