ACTUALIZADO 14.04.2021. Recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral na Comunidade Autónoma de Galicia

ORDE do 23 de decembro de 2020 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2021 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento TR305A).

RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL

Se tes experiencia nunha ocupación (máis de 3 anos de experiencia) e/ou formación non oficial (máis de 300 horas de formación non formal dentro dos 10 últimos anos) pero non tes ningún documento que acredite de xeito oficial a túa competencia, co procedemento de recoñecemento da experiencia profesional podes chegar a obter a acreditación de certas unidades de competencia que, posteriormente, che acheguen a posibilidade de poder completar un certificado de profesionalidade.

Convocatorias REXP 2021

O Diario Oficial de Galicia (DOG n.º 8) ten publicado o 14 de xaneiro unha nova convocatoria para acreditar a experiencia profesional das persoas traballadoras galegas. Trátase de 1.209 novas prazas e un total de 7 cualificacións profesionais o que supón un total de 4.140 unidades de competencia.

As 7 cualificacións profesionais son as seguintes:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 325 prazas
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 225 prazas
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 150 prazas
  • Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 150 prazas
  • Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas
  • Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2): 162 prazas, nas unidades de competencia UC0080_2 e UC0081_2
  • Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 47 prazas

Nesta cualificación de Servizos para o control de pragas non se admiten novas solicitudes e só poden presentarse as persoas que quedaran na lista de espera da anterior convocatoria.

Para poder presentarse deberán posuírse os seguintes requisitos:

  • Ter experiencia laboral de alomenos 3 anos nos últimos 10 anos,
  • Ou ter cursos de formación relacionados coa cualificación á que se queira presentar de 300 horas realizados nos últimos 10 anos.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Do 15 de xaneiro de 2021 ata o 11 de febreiro de 2021 (ámbolos dous incluídos)

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. Non se admite ningunha solicitude na cualificación profesional de Servizos para o control de pragas (SEA028_2); só están admitidos ao procedemento as persoas que quedaron na lista de espera definitiva da convocatoria publicada a través da Orde do 15 de novembro de 2019.

2. As persoas interesadas en inscribirse no resto de cualificacións profesionais obxecto desta convocatoria deberán presentar a solicitude no modelo que figura no anexo III.

3. As persoas que quedaron na lista definitiva de persoas en lista de espera nas cualificacións profesionais de Servizos para o control de pragas (SEA028_2) e de Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2) non terán que presentar solicitude, nin nova documentación.

4. As persoas que xa presentasen documentación en anteriores convocatorias da consellería competente en materia de emprego, nas cualificacións profesionais recollidas nesta convocatoria, non terán que achegar a documentación presentada anteriormente. Non obstante, deberán presentar obrigatoriamente solicitude de inscrición segundo o modelo que figura como anexo III desta orde, podendo achegar nova documentación que complete e/ou actualice a súa experiencia laboral ou a súa formación non formal.

5. Na solicitude consignaranse as unidades de competencia para as cales se solicita a súa inscrición no procedemento. As persoas interesadas só poderán realizar unha única solicitude de inscrición e en unidades de competencia que pertenzan á mesma cualificación profesional. Con carácter excepcional:

No ámbito do socorrismo acuático poderá solicitarse, na mesma solicitude, a inscrición en unidades de competencia pertencentes ás cualificacións profesionais de Socorrismo en instalacións acuáticas (nivel 2) e Socorrismo en espazos acuáticos naturais (nivel 2).

6. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar, presencialmente, en calquera dos lugares e rexistros establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

En caso de enviarse por correo, o envío da solicitude deberá ser certificado, co selo de correos no encabezamento da primeira folla da solicitude de inscrición, para garantir que a data de remisión é anterior á finalización do prazo de presentación. Deberase xuntar copia cotexada da documentación que se precise.

ACTUALIZADO 14.04.2021 

Listaxe de admitidos e excluídos para cada unha das cualificacións profesionais

Listaxe de admitidos e excluídos para cada unha das cualificacións profesionais

 

MÁIS INFORMACIÓN

TR305A – Inscrición no procedemento de recoñecemento da competencia profesional 

TR305A – Inscrición no procedemento de recoñecemento da competencia profesional

Resolución da Xunta de Galicia. Código de procedemento TR305A
Recoñecemento da Experiencia Profesional
Oficina de Orientación Laboral Concello de Cee
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña
Tfno: 981 74 51 00 – Orientación Laboral
Instituto Galego das Cualificacións

Deixa un comentario

TurismoCee