REEMBOLSO DAS PRAZAS DO PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO

Inicio do procedemento de reembolso das prazas do Programa de Turismo do IMSERSO como consecuencia da interrupción das viaxes pola declaración do Estado de Alarma.

A dirección xeral do IMSERSO informa de que as empresas TURISMOSOCIAL e MUNDIPLAN iniciaron o proceso de reembolso das prazas do Programa de Turismo Social do IMSERSO, como consecuencia da interrupción das viaxes trala declaración do Estado de Alarma no noso país.

Neste sentido o IMSERSO, recolleu no seguinte documento o Procedemento sobre a devolución das cantidades abonadas  polos usuarios do Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO, viaxes que foron interrompidos como consecuencia da crise sanitaria derivada do coronavirus COVID-19.

En relación con esta devolución, e como regras xerais e sempre aplicables a tódolos reembolsos, concrétanse os seguintes aspectos:

  • Non se cobrarán gastos de anulación, polo que os usuarios percibirán na conta bancaria facilitada ao efecto ou na tarxeta de crédito ou débito na que realizaron o pagamento, a cantidade correspondente, unha vez deducidos os gastos de xestión, que ascenden ao 6,20 % do importe total do prezo da viaxe interrompida.
  • Non existe un prazo predeterminado para realizar as solicitudes.

O procedemento para iniciar a tramitación e remitir as solicitudes varía en función da empresa que xestiona a viaxe:

  1. No caso das viaxes de turismo de costa insular e de turismo de interior xestionados por TURISMOSOCIAL:
    • Para a tramitación do reembolso, os usuarios deben necesariamente enviar unha solicitude acompañada da documentación orixinal da viaxe escaneada e os 24 díxitos do IBAN e o nome do titular da conta bancaria á seguinte dirección de correo electrónico reembolsoscovid@turismosocial.com. No caso de que realizaran o pagamento con tarxeta de crédito ou débito, non é necesario enviar a información da conta.
    • Se non dispón de correo electrónico ou de escáner, pode remitir a solicitude e documentación á seguinte dirección de correo postal
      • TURISMO SOCIAL
        CAMÍ DELS REIS 308.
        URBANIZACIÓN CAN GRANADA
        TORRE 3-A
        07010-PALMA DE MALLORCA
    • Neste caso a remisión da documentación terá que realizada cando cesen as medidas decretadas polo Estado de Alarma e se poida circular libremente.
  2. No caso das viaxes de turismo de costa peninsular xestionadas por MUNDIPLAN, pódese solicitar a devolución, indistintamente, empregando algún destes dous procedementos:
    • A través da páxina web desta empresa, os usuarios deben acceder a súa reserva a través de www.mundiplan.es indicando o seu DNI e Clave facilitada polo IMSERSO na súa carta de acreditación. Para realizar a solicitude de reembolso habilitouse un procedemento automático na reserva accedendo a “solicitud de tramitación”, onde se poderá cumprimentar a información necesaria para proceder ao reembolso.
    • A través dunha axencia de viaxes, neste caso deberá acudir á mesma para xestionar a devolución cando cesen as medidas decretadas no Estado de Alarma e se poida circular libremente.

 

Deixa un comentario

TurismoCee