Renovacións e novos ingresos na Escoliña

A Escola Infantil Municipal de Cee abre o prazo para as renovacións e os novos ingresos para o vindeiro curso 2020/2021.

As datas de cada trámite serán as seguintes:

  • Renovación de praza: do 2 ao 17 de xuño
  • Solicitudes de novo ingreso: do 18 de xuño ao 8 de xullo
  • Publicación de lista provisional: 20 de xullo
  • Prazo de reclamacións: do 21 de xullo ao 31 de xullo
  • Publicación lista definitiva: 1ª semana de agosto
  • Formalización de matrícula: 2ª e 3ª semana de agosto

Para calquera dúbida ou consulta podes escribir a cee.crianzas@gmail.com ou chamar ao teléfono 981745100 (ext.1)

Deixa un comentario

TurismoCee