O 15 de febreiro de 2019, AFAFes comeza a súa actividade en Cee.
Estimado veciño/a:
Dende a Concellería de Presidencia, BEnestar Social, Igualdade e Emprego, poño no seu coñecemento que a partir do 15 de febreiro, os xoves e venres, en horario de 10:30 a 12:00h, AFAFES (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Fisterra e Soneira) comezará a desenvolver a súa actividade no centro cedido e adaptado polo Concello de Cee situado na rúa Magdalena, 38 (antiga gardería).
Para máis información poden chamar aos teléfonos 645 40 12 16 ou 681 39 62 04.
Un saúdo cordial,
Mª del Pilar Iglesias Lema
Concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego