Axuda de pago único para persoas que perciban pensións non contributivas e vivan en aluguer 2017

OBXETO: Establecer un complemento de pensión dirixido a persoas beneficiarias de pensións non contributivas de xubilación e invalidez que carezan de vivenda en propiedade e residan de forma habitual nunha vivenda alugada, como titular do contrato, sempre que o propietario daquela non teña relación de parentesco co/ca pensionista ata o terceiro grao.

REQUISITOS:

  • Ter recoñecida unha PNC de xubilación ou invalidez na data da solicitude e na de resolución.
  • Carecer de vivenda en propiedade.
  • Ser titular do contrato de arrendamento da vivneda na data da solicitude.
  • Non ter coa persoa arrendadora da vivenda alugada, realción conxugal ou de parentesco ata o 3º grao, nin constituir con aquel,unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade conxugal.
  • Ter fixada a súa residencia habitual na vivenda alugada.

CONTÍA: A contía do complemento para o ano 2017 é de 525€ anuais, que se fará efectivo nun pagamento único, con anterioridade ao 31 de decembro do 2017.

DOCUMENTACIÓN:

  • DNI
  • Contrato de arrendamento.
  • Recibos de pago.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 31 de Decembro do 2017.

INFORMACIÓN E XESTIÓN DE SOLICITUDES: Servizos Sociais do Concello.

5 comentarios en “Axuda de pago único para persoas que perciban pensións non contributivas e vivan en aluguer 2017”

    • Hola Mariluz,
      Para conocer información de este tipo, tienes que ponerte en contacto directamente con el Departamento de Servicios Sociales del Concello de Cee que evaluarán tu caso. Puedes llamar al teléfono 981 745 100 o acudir directamente a las oficinas ubicadas en el 2º piso de la Casa Consistorial.

      Responder

Deixa un comentario

TurismoCee