Axudas indidividuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia persoal

A Xunta de Galicia ven de convocar as axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia personal.

Axudas indidividuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia persoal” (Orde de 30 de marzo de 2017 , axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo  ( DOG nº 71 do 11/04/2017)

Obxecto

Axudas individuais, de carácter non periódico, destinadas a adquisición de servizos de promoción de autonomía persoal, así coma á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade, empadroadas nun domicilio da CCAA de Galicia, coa finalidade de colaborar neste tipo de gastos.

Serán financiables só as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2017.

Requisitos

– Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, ou pensiónistas de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez

– Que a capacidade económica da persoa solicitante non supere 1065,02 €/mes

Incompatibilidades

– Incompatible con prestacións de axuda no fogar  do sistema de atención á dependencia ( con excepción do servizo de asistente persoal e servizo de acompañamento e intérpretes)

– Incompatible con prestacións do sistema público de servizos sociais

Actuacións subvencionables

Servizos para a promoción da autonomía persoal

– Servizos de axuda no fogar

– Servizos de atención temperá ( 0-6 anos)

– Rebabilitación funcional, fisioterapia, terapias alternativas, logopedia, atención pedagóxica, atención psicolóxica, atención psicomotriz, …

– Xantar na casa, lavandaría a domicilio, podoloxía a domicilio, fisioterapia a domicilio,…

– Servizos de axuda no fogar para persoas con discapacidade auditívas

– Servizos de teleasistencia e xeolocalización

– Servizos de centro de día

– Servizos para persoas dependentes con alzheimer: estimulación terapéutica, préstamo de axudas técnicas

– Servizos para persoas dependentes con :discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral, discapacidade intelectual, enfermidade mental

– Servizos para persoas dependentes con transtornos do espectro autista

– E  outros máis específicos dentro desas categorías

 

 O prazo de presentación é ata o 11 de maio de 2017

Enlace ao DOG nº 71 do 11/04/2017

Máis información nos Servizos Sociais do Concello de Cee.

Deixa un comentario

TurismoCee