A Xunta de Galicia ven de convocar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos.
No DOG nº65 do 3/04/2017 infórmase da orde do 24 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017. Isto son, as axudas para fillos menores do 3 anos. Os menores aos que lles corresponde esta prestación son aqueles nados entre o 02/01/2014 e o 01/01/2017, que tiñan menos de 3 anos o 1 de xaneiro de 2017.
Requisitos
Entre os requisitos destacan que os proxenitores deben ter como residencia habitual Galicia, que os nenos deben convivir coa persoa solicitante e que, durante o 2015, non se teña presentado a declaración do IRPF na unidade familiar.
Contía
As contías son de 360€ se é primeiro fillo, 1200€ se é segundo e 2400€ se é 3º.
Prazo de presentación
35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Desde o 4 de abril ata o 29 de maio de 2017, ámbolos dous incluídos.
Maís información no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cee.