Axudas urxentes para subministro eléctrico 2017

Facebooktwittermail

Convocatoria de axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar cortes de subministro eléctrico ás persoas máis vulnerables.

OBXECTO: Pagamento da factura eléctrica ás persoas económicamente máis vulnerables.

GASTOS SUBVENCIONABLES E CONTÍA:

  • O importe subvencionable será o 100% do importe das facturas de electricidade ou gas natural(IVE INCLUÍDO) que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e xa transcorrera a data límite de pagamento.
  • Deberá facerse unha solicitude por cada factura.
  • O límite máximo será de 2 facturas/ano por solicitante.
  • O importe máximo será de 200€/ano por solicitante.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS:

  • Residentes en Galicia.
  • Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6390,13€/ano). Considérase unidade de convivencia ao conxunto de todas as persoas que viven no  mesmo domicilio. A renda da unidade de convivencia obterase por agregación das rendas do exercicio fiscal 2015 de cada un dos membros que obteñan calquera tipo de ingreso. No caso de non presentar declaración,teranse en conta os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia durante o ano 2015.
  • Ser titular do contrato de subministración eléctrica.
  • Ter unha factura de electricidade ou gas natural pendente de pagamento e que xa transcorrese a data límite de pagamento.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións (recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007 do 13 de Xuño).

DOCUMENTACIÓN:

  • Solicitude
  • Factura pendente de pagamento
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • DNI/NIE do solicitante e de todos os membros da unidade de convivencia, maiores de 14 anos, so se non autorizan a súa consulta nos anexos II ou III)
  • Declaración IRPF ou certificado de renda relativos os datos do 2015 ( só no caso de non autorizar consulta no anexo II ou no anexo III).
  • De ser o caso, autorización aos funcionarios correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Únicamente por vía electrónica:     https://sede.xunta.gal 

https://axudascortes-subministracion.xunta.gal ou nos Servizos Sociais do Concello.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Desde o 5 de Xaneiro ata o 15 de Decembro do 2017.

Deixa un comentario