PERSOAS BENEFICIARIAS.
A poboación destinataria do programa “RESPIRA 2025” son as crianzas empadroadas no Concello de Cee (empadroada toda a unidade familiar) con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos que estiveran matriculados en Educación Infantil ou Primaria durante o curso 2024-2025.
HORARIO
Este programa levarase a cabo de luns a venres, durante os meses de xullo e agosto, excepto festivos.
O horario ordinario do programa será de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.
Aquelas familias que precisen por motivos de conciliación facer uso do horario extraordinario deberán indicalo na solicitude (ANEXO I) no apartado “horario solicitado” e xustificar a súa necesidade documentalmente.
O programa “RESPIRA 2025” desenvolverase no CEIP Vila de Cee desde o 1 de xullo ao 29 de agosto, e distribuirase nas seguintes quendas:
- Primeira quenda: do 1 ao 15 de xullo.
- Segunda quenda: do 16 ao 31 de xullo.
- Terceira quenda: do 1 de agosto ao 14 de agosto.
- Cuarta quenda: do 18 ao 29 de agosto.
CRITERIOS DE SELECCIÓN
Para outorgar as prazas terase en conta os seguintes criterios en función da puntuación que se indica no seguinte recadro:
CRITERIOS | PUNTUACIÓN |
SITUACIÓN LABORAL | |
Por ambos proxenitores/titores/acolledores con relación laboral en horario de mañá e/ou noite (e sen posibilidade de vacacións no período solicitado, acreditada documentalmente). No suposto de separación, divorcio ou familias monoparentais atenderase a que este requisito se cumpra respecto do proxenitor que se atope a cargo do/a menor. Inclúese neste epígrafe a asistencia a cursos de formación impartidos dentro da formación para persoas desempregadas das distintas administracións públicas; e/ou a promesa de contrato de traballo con compromiso de acreditar o contrato de traballo ao inicio do programa. |
10 p |
Unidades familiares nas que un só dos proxenitores/titores/acolledores teña relación laboral en horario laboral coincidente co desenvolvemento da actividade (incompatible coa puntuación do apartado anterior) | 2 p |
Persoas en situación de desemprego de longa duración (acreditada documentalmente). |
1 p |
SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR | |
Familias monoparentais (acreditada documentalmente ou declaración ) | 2 p |
Vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller (acreditada documentalmente) | 3 p |
Unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados (acreditada documentalmente). | 2 p |
Unidades familiares con rendas inferiores a 3 veces o IPREM (acreditada documentalmente). | 3 p |
Calquera outra situación na unidade familiar que implique risco ou vulnerabilidade no ámbito familiar, social ou laboral (acreditada mediante informe emitido polos Servizos Sociais). |
2 p |
Mulleres maiores de 45 anos. | 1 p |
Familias numerosas (acreditada documentalmente) | 2 p |
Dispacacidade da persoa participante igual ou superior ó 33% | 2 p |
PRAZO DE SOLICITUDE
As solicitudes poderán presentarse dende o día 21 de maio ao 31 de maio (ambos inclusive), a través do impreso específico para esta convocatoria (ANEXO I).
MAIS INFORMACIÓN
Bases y solicitud de Inscripción en Actividades de Conciliación 2025. Programa RESPIRA
- Publicar ANEXO I SOLICITUDE.docx.pdf (PDF-192,05 kb )
- Publicar ANEXO II BAIXA.docx.pdf (PDF-169,43 kb )
- Publicar BASES 2025.docx.pdf (PDF-185,79 kb )
- Publicar Modelo Decreto.pdf (PDF-314,41 kb )
ACTUALIZADO 11/06/2025
Listado de admitidos/excluídos provisionais RESPIRA 2025
Prazo de subsanación dende o 12/06/2025 ata o 17/06/2025 (ambos inclusive)