Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2017

A Xunta de Galicia volve, un ano máis, a convocar os campamentos de verán para persoas con discapacidade na procura de lograr a súa integración social. O prazo da convocartoria 2017 cerrará o 2 de maio.

Prazo de solicitude ata o 2 de maio de 2017, incluído.

Obxecto

O obxecto destes campamentos é a procura da integración social de rapaces/as con discapacidade

mediante a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo a través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas específicas.

A solicitude de praza neste programa de campamentos específicos para persoas con discapacidade é compatible coa solicitude de prazas de inclusión no programa Campaña de verán 2017 da D.X. de Xuventude e Voluntariado.

Persoas destinatarias

As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.

Requisitos

  •  Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
  • Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso  da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.

 

Campamentos quendas específicas

Prezo xeral: 125 €  | Prezo con Título de familia numerosa: 62,5€  |

Prezo con Carné xove:  93,75€

 

Adxudicación

A adxudicación farase tendo en conta as seguintes prioridades:

  • As persoas que non participaran en anos anteriores.
  • Residan habitualmente no domicilio familiar fronte ás que están acollidas en centros residenciais.
  • Pola súa idade, este sería o último ano que poderían participar nun campamento deste tipo.
  • No caso de empate, terán prioridade as persoas con maior porcentaxe de discapacidade. Se segue habendo empate, terán a praza as persoas que presentaron antes a solicitude.

 

Documentación

  • Solicitude (pdf)
  • Informe médico (pdf)
  • As persoas seleccionadas teñen que aceptar ou renunciar á praza antes de 10 días dende que reciben a notificación de que foron aceptados. No caso de aceptar a praza hai que entregar tamén:
  • Xustificante de ter pagado.
  • Copia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado.
  • Un informe médico actualizado, no caso de haber cambios de saúde importantes ou necesitar algunha atención especial dende que se presentou a solicitude.
  • Copia do carné de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda, no caso de acollerse a algunha destas condicións.
  • Unha fotografía tamaño carné.

É obrigatorio facer isto, para poder entrar na praza concedida.

Lugar de presentación

Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

 

Prazo de presentación

Ata o 2 de maio de 2017 incluído.

 

Máis información

Teléfono Social gratuíto: 900 333 666

Para información sobre a xestión dos campamentos, envío de documentación, valoración de solicitudes e concesión de prazas:

a. Teléfonos: 981-547437 /981-544640.

b. Mail: autonomiapersoal.sxps@xunta.es

 

Para información sobre as instalacións nas que se desenvolve o programa pódese consultar a páxina

web http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada ou dirixirse directamente ás propias instalacións.

 

Ficha albergue xuvenil de Gandarío

Ficha residencia de tempo libre de Panxón

Deixa un comentario

TurismoCee