Cee se ilumina de azul no Día Mundial pola Concienciación sobre o Autismo uníndose á Campaña Light Up BLue/ Ilumínao de Azul.
Por segundo ano, a Concellería de Presidencia, Benestar Social, Emprego e igualdade do Concello de Cee, dirixida por Pilar Iglesias, emprende a iniciativa de unir Cee á campaña Light Up Blue/ Ilumínao de Azul, unha campaña de sensibilización de carácter internacional, pola que miles de edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo se ilumínan de azul en apoio e solidariedade co colectivo de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.
A partires desta tarde, Cee tamén é azul. A iluminación azul do concello aumenta xa que, este ano, ademáis de iluminar a Fonte da Balea ubicada fronte Á Praza 8 de Marzo, tamén se iluminará a Praza da Alameda