O concello de Cee súmase un ano máis á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero “En Negro contra as Violencias”, á que actualmente están adheridos El Ayuntamiento de Cee se ha sumado otro año más a la campaña de denuncia y sensibilización social contra la violencia de género «En Negro contra as Violencias», a la que actualmente están adheridas 2 deputacións, 140 concellos, 210 empresas, 155 colectivos e 72 centros de ensino. En total, preto de 500 entes que se organizan mediante unha plataforma para loitar contra as violencias machistas. Ademais, miles de establecementos apoiaron durante estes anos a acción cubrindo de negro os seus escaparates e lugares de traballo.
A concelleira de Igualdade, Ema Trillo en colaboración co CIM, explica que “o obxectivo desta campaña é facer visible o rechazo da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, e tinguir de negro todo o municipio a través dos escaparates dos comercios, dos manequís, da roupa de traballo, das máscaras, etc, dende o 23 de novembro ata o 29 de novembro
Este ano “En Negro Contra as Violencias” fundamenta a súa campaña no activismo virtual.
En Negro 2020, un ano transcendental Contra As Violencias.
- Ante a crise sanitaria actual e as restricións de mobilidade e distanciamento social, a acción envorcarase, sobre todo, nas redes sociais.
- A acción social En Negro Contra As Violencias continúa un ano máis expandíndose e tinguindo de negro espazos públicos e privados.
- Constituída por diferentes entes, a plataforma pretende poñer fin ás diferentes formas de violencia contra as mulleres polo simple feito de selo.
- Para que a túa imaxe apareza na colleita de imaxes de https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl utiliza en Twitter, Facebook e Instagram a etiqueta #EnNegro2020 #EnNegro #ContraAsViolencias #GaliciaEnNegro #NonEstásSoa #QuerémonosVivas. Recordade que a incorporación de imaxes non é automática.