Debuxos e cartas para os nosos maiores!

O concello de Cee, a través da concellería de Servizos Sociais, puxo en marcha unha iniciativa para facer máis levadeira esta situación de emerxencia sanitaria aos nosos maiores, facéndolles chegar as cartas e debuxos que os máis peques fan para todos nos.

Invitámosvos a seguir participando nesta iniciativa, día a día publicaranse varios debuxos nas redes sociais do concello de Cee, e tamén se irá actualizando a páxina web, recollendo tódolos debuxos que nos ides facendo chegar.

Agardamos polas vosas cartas e debuxos en cee.crianzas@gmail.com

Ánimo!! Estades a facelo moi ben!!

Deixa un comentario

TurismoCee