O Concello de Cee organiza a I Xornada de convivencia e ocio inclusivo na que participan Apem e Aspadex

Este sábado, 10 de xuño, o Concello de Cee, a través da Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego, organiza a I “Xornada de Convicencia e ocio inclusivo entre Apem e Aspadex”.

Na xornada, que se celebrará na Praia da Concha a partir das 10:30 horas da mañá, un grupo formado por 20 persoas pertencentes ás asociacións de Apem e Aspadex, terán a oportunidade de realizar una “yincana” elaborada por Atlantis Adventure e na que disfrutarán de diferentes probas e actividades incluidas dentro do circuito como xogos na praia, bolos, tiro á diana con bolas biodegradables, experiencias en kayak e quads, entre outras.

O obxectivo destas xornadas é a socialización e convivencia entre os diferentes colectivos así como mellorar o seu tempo de lecer con esta xornada festiva e deportiva, xa que este tipo de experiencias con actividades recreativas ao aire libre contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. O Dereito ao lecer e o tempo libre é un dereito recoñecido no artigo 24 da Declaración dos Dereitos Humanos. Os seus beneficios son de sobra sabidos e, máis aínda, en personas que sufren algún tipo de discapacide. O Concello de Cee quere, por tanto, contribuir ao fomento do benestar e o lecer inclusivo de Apem e Aspadex.

Tras o tempo para de actividade, os participantes poderán disfrutar dunha comida de campo ofrecida por diversos establecementos ceenses, o concello e as propias asociacións e na que, nalgúns casos, os propios rapaces participaron na elaboración.

Diferentes empresas de Cee quixeron formar parte desta iniciativa e colaboran co Concello de Cee na celebración da mesma. Por elo, tanto o Concello de Cee como a Concelleira de Presidencia, Benestar, Emprego e Igualdade, Pilar Iglesias, responsable desta xornada, queren agradecer a colaboración desinteresada a Cafetería Xardín, Gadis, E.S. Bazarra e a Tahona das Travesas. Así como a Atlantis Adventure pola súa implicación.

Deixa un comentario

TurismoCee