Entra en vigor a medida aprobada pola que se recupera o financiamento por parte da Administración Xeral do Estado das cotas á Seguridade Social derivadas dos convenios especiais que poidan subscribir as persoas coidadoras non profesionais das persoas en situación de dependencia.
O 01/04/19 entrou en vigor a medida pola que se recupera o financiamento das cotas á Seguridade Social derivadas dos convenios especiais que poidan subscribir as persoas coidadoras non profesionais das persoas en situación de dependencia.
Iso supón que, as persoas que acrediten a condición de coidador non profesional, estean percibindo unha libranza para coidados no contorno e cumpran as condicións establecidas para asinar o correspondente convenio especial, poderán subscribilo sen que iso lles supoña custo algún, xa que será a Administración Pública quen asuma o custo das devanditas cotas.
As solicitudes presentaranse nas oficinas da Seguridade Social (INSS), xunto coa seguinte documentación:
- Resolución da prestación económinca de dependencia.
- DNI da persoa en situación de dependencia
- DNI da persoa coidadora non profesional
Esperando que esta información lle resulte de utilidade, reciba un cordial saúdo.
ASDO. Pilar Igledias Lema
Concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego