Cee acolle o 11 de decembro a primeira xornada formativa sobre a inclusión socioeducativa e o trastorno do espectro autista.
O auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura de Cee acolle o sábado, 11 de decembro, a primeira xornada formativa sobre o trastorno do espectro autista (TEA). Trátase dunha actividade organizada pola área de Servizos Sociais en estreita colaboración coa Alcaldía, gratuíta e aberta a todos os públicos, na que se abordarán os recursos para a inclusión socioeducativa das persoas con TEA.
As incricións poden realizarse ata o 7 de decembro na seguinte ligazón
A finalidade desta xornada é a de promover a sensiblización e formación dos traballadores das institución culturais para que poidan facilitar a inclusión das persoas con TEA nas bibliotecas, nos museos, nos centros educativos, nas universidades, etc.
Esta primeira xornada de sensibilización e formación en autismo nace con obxectivo de reflexionar sobre o proceso de inclusión socioeducativo das persoas con TEA.
Nesta xornada, que organiza o concello de Cee, colaboran as asociacións Paseniño, Impulso, Por Eles T.E.A Ourense e a Asociación Galega de Mestras e Mestres pola Inclusión.
Programa da xornada
Ás 09:15h recepción dos participantes.
Ás 09:45h realizarase a inauguración da xornada a cargo de Margarita Lamela, Alcaldesa de Cee, Marcos Pinaque, coordinador da xornada, Xesús Rodríguez, profesor da USC, e Montse Castro, profesora da UDC e Alejandra Caamaño, presidenta da Asociación Paseniño.
Ás 10:15h Marcos Pinaque Varela impartirá a conferencia inaugural, que se titula “Materiais didácticos e autismo”, nesta charla inicial exporase unha investigación coa que se analizou o grao de coñecemento, uso e as valoración que o profesorado realiza sobre os materiais didácticos na etapa de educación primaria. Mostraranse ademáis exemplos de materiais e utilización dos mesmos nun aula.
De 11:05 a 11:30 farase un descanso.
Ás 11:30 h. comezará a Mesa de Experiencias e Propostas de Inclusión Socioeducativa. Moderadora Montse Castro.
- Un patio para tod@s. (Saúl Ares e Ana Patricia González, Mestres no CEIP Plurilingüe de Castrelo)
Nesta conferencia explicarase o proxecto levado a cabo no CEIP Plurilingüe de Castrelo a través do cal se convertiu o seu lugar de recreo nun patio inclusivo.
- Alumnado con TEA no meu centro (María Garrido, psicóloga “Por eles TEA Ourense”)
Preséntase unha poposta de intervención orientada a mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas con TEA e/ou con dificultades de interacción e comunicación social así como a súa inclusión nos centros educativos na provincia de Ourense. O programa da asociación “Por Eles TEA Ourense” pretende dar resposta ás necesidades do alumnado con TEA a través dun apoio individualizado, que sendo externo ao centro educativo e especializado na intervención do alumnado con TEA, mostra o seu apoio no día a día do alumnado no centro educativo.
Ás 13:00 h. charla “No somos superhéroes”, a través de videoconferencia, a cargo de Miguel Gallardo, tradutor en imaxes do que o resto pensan en palabras.
Esta charla trata de como debemos traballar todos xuntos para conseguir cambiar o punto de vista da sociedade sobre os nosos fillos e parientes con necesidades especiais, potenciar as súas habilidades e valores.
É unha charla para empoderar aos pais, polos valores que transmiten, pola súa paciencia e resiliencia.
Tamén se darán consellos para poder resolver situacións ou conflictos que poden aparecer no día a día.
Talleres e Seminarios
De 16.30 a 18.00 h. Talleres e Seminarios (Escoller un de cinco)
-
Danza inclusiva
Taller práctico que invita a sumerxirnos na danza como ferramenta de aprendizaxe e disciplina artística a partir da diversidade de idades, corpos e movementos. Os asistentes achegaranse á metodoloxía da Danza Educativa/Creativa como ferramenta vehicular nas sesión de danza Inclusiva.
Daremos visibilidade ao movemento no sentido máis amplo da palabra, aceptando e valorando as nosas particularidades, dando visibilidade e gozando da integración real das persoas amosando unha danza accesible e enriquecedora para distintos colectivos.
-
Abordaxe dos desordes sensoriais no TEA.
Neste taller aprenderemos como recoñecer signos dun desenvolvemento atípico e os seus efectos nas actividades cotiás dos nenos e nenas; daremos a coñecer o abordaxe da integración sensorial diferenciandoo da estimulación sensorial e tamén analizaremos o concepto “dieta sensorial” como estratexia facilitadora para compensar os desequilibrios sensoriais do neno tanto no colexio como na casa.
-
Taller de familias.
Cun formato de comunicación aberto onde todos e todas poidan expresar os seus pareceres, o taller de familia é unha oportunidade para que as familias se expresen e para que os profesionais se sensibilicen escoitando as vivencias familiares.
-
Estratexias educativas para o alumnado con TEA.
Neste taller abordaranse as pautas de actuación cun neno con TEA poñendo o acento no control conductual, as técnicas de ensino aprendizaxe, a adaptación das dinámicas de aula (exames, exercicios, exposicións…) e estudaranse programas de Sistemas Alternativos E Aumentativos de Comunicación.
-
Estruturación e flexibilidade na aula ordinaria
En todo o alumnado pero sobre todo no alumnado con TEA é preciso traballar as funcións executivas e, para favorecer este traballo desde os centros educativos debemos estruturar espacial e temporalmente as accións diarias. Este feito axuda a comprender o que deben facer, cómo realizalo e cando levalo a cabo fomentando a autonomía persoal. Con este seminario pretendemos adentrarnos dun xeito práctico na adaptación do desenvolvemento do día a día do centro educativo para que vexamos cómo favorecerá o desenvolvemento social e a comunicación, a comprensión do entorno e novas aprendizaxes a través dunha contorna segura e predecible apta para calquera persoa normotípica ou con TEA
-
- Accesibilidade cognitiva nos centros educativos. Breve dinámica sobre a necesidade da accesibilidade cognitiva para o alumnado en xeral e o alumnado con TEA en particular nos centros educativos e na
- Adaptación do centro educativo: Claves visuais e modificación de sinais adaptándonos ao perfil sensorial do alumnado do noso centro
- Estruturación espacial da aula e do centro educativo (axenda, metodoloxía TEACCH, traballo individual, materiais e recursos para o día a día …)
- Estruturación temporal da aula e do centro educativo: actividades diarias, actividades periódicas ou semanais, actividades
A idea fundamental é facer un seminario eminentemente práctico a través de dinámicas grupais e de amosar exemplos de estruturación e flexibilidade.
De 18.15 a 19.45 h. Talleres e Seminarios (Escoller un de catro)
-
Danza inclusiva
Taller práctico que invita a sumerxirnos na danza como ferramenta de aprendizaxe e disciplina artística a partir da diversidade de idades, corpos e movementos. Os asistentes achegaranse á metodoloxía da Danza Educativa/Creativa como ferramenta vehicular nas sesión de danza Inclusiva.
Daremos visibilidade ao movemento no sentido máis amplo da palabra, aceptando e valorando as nosas particularidades, dando visibilidade e gozando da integración real das persoas amosando unha danza accesible e enriquecedora para distintos colectivos.
-
Abordaxe dos desordes sensoriais no TEA.
Neste taller aprenderemos como recoñecer signos dun desenvolvemento atípico e os seus efectos nas actividades cotiás dos nenos e nenas; daremos a coñecer o abordaxe da integración sensorial diferenciandoo da estimulación sensorial e tamén analizaremos o concepto “dieta sensorial” como estratexia facilitadora para compensar os desequilibrios sensoriais do neno tanto no colexio como na casa.
-
Estratexias educativas para o alumnado con TEA.
Neste taller abordaranse as pautas de actuación cun neno con TEA poñendo o acento no control conductual, as técnicas de ensino aprendizaxe, a adaptación das dinámicas de aula (exames, exercicios, exposicións…) e estudaranse programas de Sistemas Alternativos E Aumentativos de Comunicación.
-
Estruturación e flexibilidade na aula ordinaria
En todo o alumnado pero sobre todo no alumnado con TEA é preciso traballar as funcións executivas e, para favorecer este traballo desde os centros educativos debemos estruturar espacial e temporalmente as accións diarias. Este feito axuda a comprender o que deben facer, cómo realizalo e cando levalo a cabo fomentando a autonomía persoal. Con este seminario pretendemos adentrarnos dun xeito práctico na adaptación do desenvolvemento do día a día do centro educativo para que vexamos cómo favorecerá o desenvolvemento social e a comunicación, a comprensión do entorno e novas aprendizaxes a través dunha contorna segura e predecible apta para calquera persoa normotípica ou con TEA
-
- Accesibilidade cognitiva nos centros educativos. Breve dinámica sobre a necesidade da accesibilidade cognitiva para o alumnado en xeral e o alumnado con TEA en particular nos centros educativos e na
- Adaptación do centro educativo: Claves visuais e modificación de sinais adaptándonos ao perfil sensorial do alumnado do noso centro
- Estruturación espacial da aula e do centro educativo (axenda, metodoloxía TEACCH, traballo individual, materiais e recursos para o día a día …)
- Estruturación temporal da aula e do centro educativo: actividades diarias, actividades periódicas ou semanais, actividades
A idea fundamental é facer un seminario eminentemente práctico a través de dinámicas grupais e de amosar exemplos de estruturación e flexibilidade.
Programa completo
Bos días!
Estou interesada en apuntarme nas I xornadas de alumnado Tea, nos bloques de estratexias de educación para o alumnado Tea e danza inclusiva.
Espero que queden prazas ainda.
Un saúdo