Cee acolle o 15 de abril a segunda xornada formativa sobre a inclusión socioeducativa e o trastorno do espectro autista.
O auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura de Cee acolle o sábado, 15 de abril, a segunda xornada formativa sobre o trastorno do espectro autista (TEA). Trátase dunha actividade organizada pola área de Servizos Sociais en estreita colaboración coa Alcaldía, gratuíta e aberta a todos os públicos, na que se abordarán os recursos para a inclusión socioeducativa das persoas con TEA.
As incricións poden realizarse ata o 10 de abril na seguinte ligazón
A finalidade desta xornada é a de promover a sensibilización e formación dos traballadores das institución culturais para que poidan facilitar a inclusión das persoas con TEA nas bibliotecas, nos museos, nos centros educativos, nas universidades, etc.
Esta segunda xornada de sensibilización e formación en autismo nace co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da inclusión social e educativa das persoas con TEA, contar cun espazo de intercambio de información sobre estratexias e recursos para a inclusión das persoas con TEA e dar visibilidade aos diversos colectivos que traballan con persoas con TEA.
Nesta xornada, que organiza o concello de Cee, colaboran as asociacións Paseniño, Autismo Galicia, Nova Escola Galega, Aspanaes, Amicos, Impulso, Revista galega de educación e Patios e Parques dinámicos.
Programa da xornada de inclusión socioeducativa e o trastorno do espectro autista
- 09:30 – 10:00 Recepción e benvida
- 10:00 – 10:30 Acto inaugural: Margarita Lamela (Alcaldesa de Cee), Marcos Pinaque (coordinador da xornada), Xesús Rodríguez (profesor da USC), Montse Castro (profesora da UDC) e Alejandra Camaño (Presidenta da Asociación Paseniño).
- 10:30 – 11:30 Vivenciamos condutas do Trastorno do Espectro do Autismo. Marcos Pinaque
- 11:30 – 12:00 Descanso
- 12:00 – 13:30 Mesa redonda: TEA e inclusión (Revista Galega de Educación)
- Presentación. (Ana Parada. Co-directora Revista Galega de Educación)
- Comprender ao alumnado con TEA. (Cristina Couto. Autismo Galicia)
- As dificultades no eido rural. (María Quintáns. Asociación Paseniño)
- Patios dinámicos. (Pilar Sampedro. Asociación Amicos)
- O departamento de orientación. (Daniel Blanco. Meste de AL)
Talleres e Seminarios
- 16:00 – 17:30 Talleres e seminarios (escoller un de cinco)
- Abordando a conduta dende o Apoio Condutual Positivo. (Ana Martínez. Aspanaes)
- Deseño e adaptación de materiais. (Daniel Blanco. Mestre de AL)
- Taller de familias. (Inma Fraga terapéuta ocupacional e directora do centro Impulso)
- Inclusión na aula ordinaria. (Marcos Pinaque. Mestre de educación primaria)
- Ocio inclusivo. O patio escolar. (Pilar Sampedro. Asociación Amicos)
- 18:00 – 19:30 Talleres e seminarios (escoller un de catro):
- Apoio conductual positivo. (Ana Martínez)
- Deseño e adaptación de materiais. (Daniel Blanco)
- Inclusión na aula ordinaria. (Marcos Pinaque)
- Ocio inclusivo. O patio escolar. (Pilar Sampedro)
- 19:30 – 20:00 Acto de clausura
* Aforo limitado
* Actividade NON homologable