Con motivo da celebración o día 8 de marzo do Día Internacional da Muller, o Concello de Cee en colaboración co CIM organiza unha serie de actividades que reivindican a igualdade así como o papel da muller na sociedade. As celebracións, que se extenderán por todo o mes de marzo, comprenden diferentes tipos de eventos que abranguen a todas as franxas de idade.
- Mércores 8 de Marzo, Día Internacional da Muller 2017
Almorzo/debate no Centro Social de Cee: de 10:15 a 11:30h
Este almorzo vense celebrando dende hai xa varios anos. Todas as mulleres que o desexen están convidadas a participar na tertulia na que se tratarán temas relacionados coa muller, o emprego, diferencias salariais, responsabilidades familiares… Este ano a convidada será Josefa Lema que foi a primeira concelleira de Cee na democracia.
Concentración na Praza 8 de marzo e lectura do Manifesto: 12h
- Xoves 16 de marzo
“Maxia pola Igualdade” de Fani Triana. Os alumnos de 3º e 4º da ESO do IES Agra de Raíces, IES Fernando Blanco e o CPR Manuela Rial poderán disfrutar deste espectáculo na Casa da Cultura ás 11:30h.
- Xoves 23 de marzo
“Contamos por Igual” de Pedro Brandariz será o espectáculo que poidan desfrutar os alumnos de 1º,2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP Eugenio López e do CPR Manuela Rial, en dúas quendas: a primeira (1º, 2º e 3º) ás 10:20h y a segunda (4º, 5º e 6º) ás 11:30h. Será na Casa da Cultura.
- Do 14 ao 31 de marzo
Exposición de fotografía “Por elas, por nós” de Senén Insua, na Casa da Cultura.