Orde do 20 de marzo de 2019. DOG núm. 65, do 3 de abril de 2019
PRAZO
Do día 4 de abril ao 28 de maio de 2019 (ambos os dous incluidos).
CONTÍA
Número de orde que ocupa o fillo ou filla na unidade familiar da persoa solicitante:
1º- 360€
2º- 1.200€
3º- 2.400€
PERSOAS BENEFICIARIAS
- As persoas con fillos ou fillas menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2017 (nacidos ou nacidas entre 02/01/2016 e o 31/12/2017, inclusive).
- Fillos ou fillas adoptadas ou acollidas entre o 01/01/2016 e o 31/12/2017.
Serán beneficiarias da prestación aquelas persoas que non teñan feita a declaració da renda do exercicio 2017.
DOCUMENTACIÓN
- Anexo I cuberto e asinado pola persoa solicitante.
- Anexo II cuberto e asinado pola persoa proxenitora non solicitante, de ser o caso.
- Copia do libro ou libros de familia ou certificación de nacemento do rexistro civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na súa descendencia.
- Xustificante de empadroamento conxunto de todos os membros da unidade familiar. No suposto de que a persoa proxenitora non solicitante non figure neste, deberá achegar o xustificante de empadroamento individual, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
- Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns nas unicón de feito ou convenio regulador, de ser o caso.
- No suposto de familias monoparentais, copia do certificado de monoparentalidade, expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, sempre que conste nel a filla ou fillo polo que se solicita a axuda, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
- Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare (só no suposto de que a formalización se realizase noutra comunidade autónoma).
- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
- Copia do DNI ou NIE da persoa proxenitora non solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
- Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2017 da persoa solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
- Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2017 da persoa non solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
Se a documentación estivera xa no poder da Administración da Xunta de Galicia e non queren achegala deberán facer constar no Anexo I, no espazo destinado para o efecto: o código de procedemento, número de expediente e ano. A consulta desta documentación só será admisible cando non transcorresen máis de 5 anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.