Programa Benestar en Balnearios 2017

A Xunta de Galicia ven de convocar o programa de Benestar en Balnearios 2017 polo que se ofertarán 600 prazas en establecementos termais para pensionistas e maiores de 60 anos.

Programa

Convócanse un total de 600 prazas para participar no programa de Benestar en balnearios. Os establecementos termais nos que se ofertan as prazas así como as datas nas que se van levar a cabo as quendas e o prezo por praza son os que figuran no anexo que se xunta.

Persoas beneficiarias e requisitos

1 Serán persoas beneficiarias as que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.

d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

2 A persoa solicitante poderá ir acompañada de:

a) O seu ou a súa cónxuxe ou, se for o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.

b) Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos anteriores, agás o da letra a).

c) Unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados anteriormente. 3 As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Servizos e prestacións que se inclúen

a) Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.

b) Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán: – O recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento. – O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario. – O seguimento médico do tratamento.

c) Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.

d) Póliza colectiva de seguro turístico.

Solicitudes Programa de Benestar en balnearios 2017

As solicitudes formularanse no modelo oficial que se indica no anexo I desta orde. As persoas solicitantes deberán achegar xunto co anexo I os anexos II e III e a seguinte documentación:

a) Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se for o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.

b) Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.

c) Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado non for expedido pola Xunta de Galicia ou non está no poder desta.

d) Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.

En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de tres destinos por orde de prioridade.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (17 de abril).

http://benestar.xunta.es/web/portal/portada

ANEXOS I, II e III: Solicitude

ANEXO IV: Establecementos termais, quendas e prezos.

Máis información nos Servicios Sociais do Concello de Cee, 2º andar.

Deixa un comentario

TurismoCee