Programa de información “Asociación de Unión de Pacientes- Finisterrae”

A Asociación de Unión de Pacientes “Finisterrae” presenta o seu programa de información o vindeiro venres 26 de xaneiro. Será no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee a partir das 17h.

A Concellería de Presidencia, Benestar Social, Emprego e Igualdade presenta o programa de información conxuntamente coa asociación de unión de pacientes “Finisterrae” cunha charla na que participarán como ponentes:

  • José Ramón González Juanatey , xefe do servizo de Cardioloxía do Hospital de Santiago de Compostela.
  • Ana María Castro Rey, avogada experta en discapacidade e dependencia.

Deixa un comentario

TurismoCee