Programa de respiro familiar en balnearios “Cuidarelax 2017”

Os meses de xuño, agosto e outubro terá lugar o programa “Cuidarelax 2017” que busca conxugar o apoio aos coidadores de persoas maiores dependentes, coa asistencia a unhas xornadas de fin de semana no balneario onde se xuntan os tratamentos termais, o lecer e a psicoeducación.

A Unión de Pensionistas (UDP) pon en marcha o programa “Cuidarelax 2017” que ten por obexectivos a formación e axuda no coidado das persoas maiores dependentes e o encontro con outras familias que están atravesando a mesma situación así como o fomento de conductas e hábitos de autocoidado e a facilitación da conciliación da vida persoal, social e leboral dos coidadores de persoas maiores dependentes.

“Cuidarelax 2017” vaise realizar nas Temas de Cuntis en 5 quendas diferentes nos meses de xuño, agosto e outubro. O programa, dirixido ás familias cun maior dependente ao cargo, NON ten custo para as familias y, a través del, se facilita o acceso ao coidado do dependente durante a duración das estancia.

Máis información no 982 22 33 79 ou no correo electrónico cuidarelaxgalicia@gmail.com

Deixa un comentario

TurismoCee