Xa está aberta a primeira fase de presentación de solicitudes do Programa de Turismo do Imserso 2017-2018. As datas comprenden do 9 de maio ao 7 de xuño de 2017.
Solicitantes
Poderán solicitalo todas aquelas persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
- Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
- Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos
de idade ou pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou
superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma
habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do
fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.
Modalidades
Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2017 e xuño de 2018, segundo a modalidade:
- Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e Murcia.
- Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears.
- Turismo de Interior, coas seguentes actividades:
- Circuitos Culturais.
- Turismo de Natureza.
- Viaxes a Capitais de Provincia.
- Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.
Servizos incluídos
- Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
- Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
- Servizo médico, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
- Programa de animación
- Póliza colectiva de seguros
Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen
os servizos médicos e programa de animación.
As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.
Prezos por persoa das diferentes quendas
Podes acceder aos prezos pinchando aquí.
- Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica.
- Turismo de natureza: Realizaranse en quendas en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza.
ENLACES
Solicitude:
https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/turismoIMSERSO2017_18_solicitude.pdf
Folleto:
https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/turismoIMSERSOfolleto.pdf
Prezos:
https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/turismoIMSERSOprezos20172018.pdf
Instrucción 2017-2018:
https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/TurismoIMSERSOInstrucion201718.pdf
Soy Marcial Mintegui Ayestaran, con acreditacion :zona costera peninsular y expediente :17/00700918. Quisiera planear bastantes viajes IMSERSO para mi y para mi esposa, desde Marzo 2018 en adelante ( cuanto es el maximo de viajes que se pueden planear y cuanto es el tiempo maximo en cada uno de ellos?). Serian lugares como Fuengirola, y costas de Malaga, Granada y Almeria o incluso costas alicantinas o murcianas. Muchas gracias. Marcial Mintegui
Hola Marcial.
En el Ayuntamiento de Cee no disponemos de toda la información que nos solicita ya que sólo podemos tramitar solicitudes. Puede entrar usted en la página web del imserso http://www.imserso.es donde dispondrá de todas las respuestas que busca. Muchas gracias y disfrute de sus viajes.
Ya envie mi comentario, pero la respuesta que recibi es: TU COMENTARIO ESTA PENDIENTE DE MODERACION. Cuando sabre que ya la recibieron y que la estan estudiando? Gracias.
me gustaria viajar con vosotros y que me aceitaras como miembro
Francisco, el Ayuntamiento de Cee no organiza de ninguna manera los viajes del IMSERSO. Simplemente, informamos de los plazos y la manera de acceder a ellos.