Subvencións para emigrantes retornados emprendedores

Ata o 29 de setembro está aberto o prazo de solicitudes de subvencións para emigrantes retornados/as emprendedores/as

Desde a Secretaría Xeral de Emigración lémbrase que ata o 29 de setembro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acollerse ás subvencións para emigrantes retornados/as emprendedores/as, que poden chegar ata os 8.000 € e que son compatibles coas que ofrecen outros departamentos da Xunta como a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou o IGAPE, para autónomos/as  e emprendedores/as galegos/as. Tamén son perfectamente compatibles coas que convoquen outras institucións e organismos, públicos e privados..

Son, por tanto, unha oportunidade importante para todos/as aqueles/as que queiran ubicar fisicamente a súa empresa -ou abrir unha delegación da xa existente- na Galicia territorial.

Obxecto

Promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que supón o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Persoas beneficiarias

As seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

  1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
  2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Requisitos

Requisitos comúns

  1. Acreditar a condición de persoa beneficiaria.
  2. Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
  3. Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro desta resolución.
  4. Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
  5. Non ter sido beneficiaria desta axuda para a mesma actividade ao abeiro de anteriores convocatorias.

Achégase ligazón á web http://emigracion.xunta.gal/node/33869 na que se pode atopar a información ao completo

Resumo da información en http://emigracion.xunta.gal/node/33873

Subvencións para o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas

Deixa un comentario

TurismoCee