Axudas destinadas a ampliar, acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade municipal de tódolos concellos de Galicia, co obxecto de mellorar a calidade de vida da poboación rural.
A presente axuda está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no marco da medida 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020. A súa concesión incide directamente na Área focal 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola).
TÍTULO DO PROXECTO | DATA DE CONCESIÓN | AXUDA CONCEDIDA | DESAGREGACIÓN POR FONTES COFINANCEIRAS |
Mellora de camiño en Codesos (Pereiriña) | 16/07/2020 | 23.247,85 € |
FEADER – 75 % MAPAMA – 7,5 % XTA. GALICIA – 17,5 % |