Antigo Concello

Situada na Praza da Constitución e datada no ano 1933. Ten tres niveis configurándose unha terraza na última planta. Os diferentes pisos teñen personalidade propia e son independentes uns dos outros. A primeira planta voa sobre o baixo a través de canzorros de formigón moldeados e que xunto cas pilastras marcan as bandas nas que se divide a fachada.Nos antepeitos das fiestras do primeiro piso hai unha composición de azulexos pintados con motivos diversos.

Albergou a Escola de Música Municipal ata o seu traslado á Casa da Cultura e antigamente funcionou como Casa do Concello. Nesta casa estiveron tamén as cocheiras da empresa de transportes de Argimiro Guillén Cereijo constituída nos anos vinte.

TurismoCee