En Brens, existe a posibilidade de facer unha pequena ruta libre por puntos de relevancia que teñen unha característica común: a auga doce. A continuación, detallamos as únicas tres paradas constituintes que comprenden as aldeas de A Grixa, Fadibón e Berroxe:
Fonte – Lavadoiro da Grixa: os lavadoiros son construcións comunitarias que, habitualmente, se sitúan ao carón dunha fonte ou dunha saída de auga. Estes elementos forman parte da tradición popular galega. Antigamente, as mulleres acudían ao lavadoiro máis próximo para facer a colada e reunirse coas veciñas do pobo ou aldea en cuestión. No lugar de A Grixa, pódese observar un destes lavadoiros en funcionamento.
Muíño de Fadibón: Na aldea de Fadibón atópanse os restos dun antigo muíño agochado entre a natureza que o envolve. Aínda que non se atopa nun proceso de conservación tan óptimo como pode ser o dos muíños de Toba ou Morancelle, pódese apreciar a estrutura da construción á perfección.
Fonte de Berroxe: Trátase dunha fonte de auga potable ubicado, como o propio nome indica na aldea de Berroxe. Marca o punto final de esta pequena ruta polos lugares de Brens.