A Lei Orgánica 5/1995 do Tribunal do Xurado, de 22 de maio, e máis o Real Decreto 1398/1995, de 4 de agosto,
modificado polos Reais Decretos 2067/1996, de 13 de setembro, e 1271/2012, de 31 de agosto, establecen o
procedemento legal para a formación das listas de candidatos a xurados.
A Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral vén de determinar que o sorteo para a formación destas
listas se leve a cabo o vindeiro día 24 de setembro, ás 12.00 horas, na Sala de Xuntas desa Oficina.
De acordo co exposto, exponse ao público neste concello o censo municipal durante un prazo de sete días, ou sexa, do 16 ao 22 de setembro de 2020, para os efectos da súa consulta e presentación de reclamacións polos interesados, previo á formación das devanditas listas de candidatos a xurados.
Consulta íntegra do anuncio de candidatos a xurados
Anuncio de candidatos a xurados.