ANUNCIO

Como alcalde do Concello de Cee, convido á cidadanía a participar na manifestación que sairá da fábrica de Ferroatlántica en Brens, ás 19:30h do día 10 de marzo de 2017, ata a Praza do Concello, en protesta pola pretensión da empresa de vender as centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande, sen respectar o actual marco legal que impide a segregación das actividades de ferroaleaxes e enerxía, poñendo en perigo os postos de traballo das fábricas de Cee e Dumbría.

Cee, 6 de marzo de 2017.

O alcalde,

Ramón Vigo Sambade

Deixa un comentario

TurismoCee