Aviso remitido por Augas de Corcubión- Cee debido a un corte de auga previsto para o día 18 de decembro de 2017.
Debido a unha reparación da rede de transporte de auga potable procedente do encoro de Santa Uxía, na zona do Ézaro (Dumbría), resulta necesario o corte de suministro en toda a rede de transporte, o vindeiro luns 18 de decembro.
Neste caso, veranse afectados os usuarios das zonas altas de Cee e Corcubión así como os das zonas de San Martiño e Denle no municipio de Fisterra, ao careceren estes núcleos dun depósito regulador. Polo contrario, as zonas abastecidas dende os depósitos de cola de Dumbría e Fisterra non percibirán sensiblemente o corte de suministro.
Os traballos iniciaranse a partires das 6:00h ata a súa finalización estimada ás 21:00h do mesmo día 18.