AVISO. Corte de auga o día 24 de setembro de 2020.

Aviso remitido por Augas de Corcubión- Cee debido a un corte de auga previsto para o día 24 de setembro de 2020.

 

Debido a dúas reparacións na rede de transporte no concello de Fisterra, comunican a necesidade de efectuar un corte do subministro na rede, mañá 24 de setembro de 2020 dende as 9:00 h. ás 15:00 h.

Zonas afectadas

No caso do concello de Fisterra, veranse afectados os núcleos de Sardiñeiro, San Martiño de arriba, San Martiño de Abaixo, Hermedesuxo e Denle.

No concello de Corcubión, verase afectado o núcleo de Redonda.

No concello de Cee, verase afectada a urbanización Montereal en Estorde.

Deixa un comentario

TurismoCee