BANDO. Consulta Censo eleccións xerais 2023

Bando sobre a consulta do censo electoral de cara ás eleccións a cortes xerais de 2023

BANDO

Faise público que o Censo Electoral Vixente para as eleccións a cortes xerais, que terán lugar o día 23 de xullo de 2023, poderá consultarse nas oficinas municipais do 5 ao 12 de xuño, de 9.00 a 13.30 h, para os efectos de presentación de reclamacións.

Recoméndase a consulta particularmente polas persoas que fixeron recentamente 18 anos ou que os van facer ata o día da votación e, tamén, as que modificaron o seu domicilio nos últimos meses.

O censo pode consultarse tamén no teléfono do concello 981745100 e nos da oficina do censo electoral 900.343.232 / 981.217.439, e con certificado electrónico, no enderezo web https://sede.ine.gob.es/ce-internet1/?l a ng = es

Así mesmo, durante o mesmo prazo, os electores poderán solicitar a exclusión das copias do censo electoral que se entregan aos partidos políticos para realizar envíos postais de propaganda electoral. Este trámite poderá realizarse no concello e tamén na sede electrónica do INE:

https://sede.ine.gob.es/oposicionPartidos/presentacion?lang=es_ES

A alcaldesa
Margarita Lamela Louzán

BANDO. Consulta Censo Electoral Eleccións Xerais 2023

BANDO. Consulta Censo Electoral para as Eleccións Xerais 2023

Deixa un comentario

TurismoCee