BANDO exclusión listas de propaganda electoral.
ANUNCIO
Conforme co disposto no artigo 39.3 da lei orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do réxime electoral xeral, ponse en coñecemento de todos os electores que durante o prazo do 11 ao 18 de marzo poderase solicitar a exclusión nas copias do censo electoral que se entregan aos representantes das candidaturas para realizar envíos postais de propaganda electoral.
A solicitude pode presentarse nas oficinas municipaos, na Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral e, con certificado electrónico, na sede electrónica do Instituto Nacional de Estadística no seguinte enderezo web: https://sede.ine.gob.es/
En Cee, o 7 de marzo de 2019
O alcalde
Ramón Vigo Sambade