BANDO. Exposición censo electoral para eleccións 2019

Facebooktwittermail

Bando sobre a exposición do censo electoral para as eleccións 2019.

BANDO

Faise público que o censo electoral para as eleccións a cortes xerais, que se celebrarán o día 28 de abril de 2019, poderá consultarse nas oficinas municipais do 11 ao 18 de marzo de 9:00h a 13:30h, para os efectos de presentación de reclamacións.

Debe consultarse especialmente polas persoas que fixeron recentemente 18 anos ou os que van facer ata o día da votación e, tamén, as que modificaron o seu domicilio nos últimos meses.

O censo pode consultarse, así mesmo, no teléfono 901.101.900, na Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral e, con certificado electrónico, no enderezo web  https://sede.ine.gob.es/consulta_electoral_elecciones.

En Cee, na data da sinatura electrónica.

O alcalde
Ramón Vigo Sambade

Deixa un comentario