Charlas informativas: polilla da pataca e axudas Programa Leader

O día 20 de marzo terán lugar en Cee dúas charlas informativas sobre a praga da polilla da pataca e sobre as axudas do programa Leader.

  • A Oficina Agraria Cormarcal de Corcubión informasobre a polilla da pataca (Tecia solanivora). Unha sesión que pretende aclarar dúbidas respeto a esta praga e dar recomendacións respecto ao cultivo e almacenamento da pataca para frenar o seu avance. Será na Sala de Conferencias do 3º andar da Casa da Cultura de Cee ás 12h.
  •  O Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte organiza para os vindeiros días unhas charlas informativas sobre as axudas do Programa Leader Galicia 2014-2020 ás que poderá asistir calquera persoa interesada. A charla en Cee será o luns, día 20, na Casa da Cultura de Cee.

Deixa un comentario

TurismoCee