Bando sobre a consulta do censo electoral de cara ás eleccións a cortes xerais de 2026
BANDO
Faise público que o Censo Electoral vixente para as eleccións a Cortes Xerais, que terán lugar o día 29 de novembro de 2026, poderá consultarse nas oficinas municipais nos días hábiles do 12 ao 19 de outubro de 2026, de 9.00 a 13.30 horas, para os efectos de presentación de reclamacións.
Os electores deberán identificarse co DNI, pasaporte ou permiso de conducir.
Recoméndase a consulta particularmente polas persoas que fixeron recentemente 18 anos ou que os van facer ata o día da votación e, tamén, as que modificaron o seu domicilio nos últimos meses.
Lémbrase que o censo para estas eleccións está pechado a 1 de agosto de 2026.
O censo pode consultarse tamén no teléfono do Concello 981 745 100 e no teléfono gratuíto da Oficina do Censo Electoral 900 343 232, e, con certificado electrónico, no seguinte enderezo web:
https://sede.ine.gob.es/tramite/censo_electoral/
Así mesmo, ata o 19 de outubro, os electores poderán solicitar a exclusión das copias do censo electoral que se entregan aos partidos políticos para realizar envíos postais de propaganda electoral neste proceso electoral. Este trámite poderá realizarse no Concello e tamén na sede electrónica do INE:
https://sede.ine.gob.es/oposicionPartidos/presentacion?lang=es_ES
A alcaldesa
Margarita Lamela Louzán